Venres. 19.04.2024
El tiempo

Teatro, andainas e verbenas para unha nova finde na #AxendaCostadaMorte

A Rua dos Contos do FIOT a pleno rendemento
O FIOT volve ser o punto quente do eido cultural
Teatro, andainas e verbenas para unha nova finde na #AxendaCostadaMorte

Nova fin de semana chea de actividades variadas na  #AxendaCostadaMorte, nas que o FIOT, volve convertirse no epicentro cultural da comarca. Pero como non todo vai ser teatro, teremos tamén varias festas, algún monólogo e varias andainas.

Parte de Meteogalicia

O venres manteremos a influencia anticiclónica, con certos descubertos ao longo do día, se ben pode que haia algunha brétema costeira pola mañá. As temperaturas manteranse semellantes ás destes últimos días de semana. O sábado teremos máis nubes, con ventos suaves de sur, que anuncian unha fronte activa, que deixará chuvias ao longo do domingo, e luns.
Non hai avisos no mar.

Terceira fin de semana do FIOT

Terceira fin de semana do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo, cunha marea de diferentes actividades. Programación de Sala, o III Certame de Micro-escenas Metro Cadrado, a Rúa dos Contos, o Teatro de Rúa, a Escola do Espectador, ou a ruta gastronómica do Dalle un Bocado ao FIOT, preséntanse como citas obrigadas.

 

Máis teatro

- Despois da súa estrea no FIOT, a obra de Producións teatrais Excéntricas, “Medida x Medida” serve de gran pistoletazo de saída para a tempada teatral do Centro Cultural de Muros. A cita será este sábado 12 de outubro, 21:30 h no Auditorio do Centro Cultural de Muros.

- A mesma noite sabatina arrinca o programa de Outono de Monólogos de Cee co pai da comedia galega, Quico Cadaval, e os seus contos de vacas, guerras, porcos e cregos.

Festas

- De venres a luns, celébranse as Festas das Salgueiras de Mira, Coristanco.

- De venres a domingo terán lugar as potentes Festas da Pilarica da Trabe, Ponteceso, coa visita da París de Noia.

- E de venres a domingo, tamén chegan as Festas do Cristo do Pindo, Quilmas e A Curra, en Carnota.

- Unha cita festexeiro-gastronómica será a que se celebra o sábado, na Festa do Polo á brasa de Baíñas.

Andainas

- O programa de Andainas Saudables de Carnota empeza este sábado polo Monte Pindo.

- O Outono en marcha de Senda Nova vaise este domingo polas Terras do marqués de Carballo

Outras citas

- A Asociación Comarea mantén as súas propostas de Ceas sabatinas con Música no Rincón da Baiuca.

- Este sábado ten lugar a XII Xuntanza Cabalar As Caselas en Santa Comba.

- O domingo poderemos disfrutar dunha comida-concerto en Lires, con Black Galicia.

 

EXPOSICIÓNS

  • Exposición dos maiores de Marcos Rodríguez en Liresca.
  • Manuel Valcarcel espón as súas fotografías do proxecto Auga no Museo do Terra de Xallas, ata o vindeiro 3 de novembro (de luns a sábado en horario de 10.30 a 13.30 h e de 16.30 a 18.30 h)
  • O Faro Vilán acolle a exposición de escultura "The expanded Area" dos artistas Nils Viga Hausken e Mats Gamdrup, que estará aberta durante o mes de outubro
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición de Mon Lendoiro ata o 31 de outubro, de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
  • Galería Garabato de Carballo acolle a exposición Photografismos de Eduardo Ermida dende o sábado 21 de seyembro ata o 30 de outubro.
  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios