Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Teatro, cine, festivais e un mercadiño solidario enchen o Nadal de Muros

Teatro, cine, festivais e un mercadiño solidario enchen o Nadal de Muros
titeres-muros Os máis pequenos son os protagonistas da programación de Nadal que arranca hoxe en Muros cun concerto de Nadal que ofrece a Escola de Música de Muros a partir das 18 horas. Mañá, día 16, os alumnos e alumnas dos centros de ensino do municipio participarán desde as 10:30 horas no tradicional Mercadiño Solidario que, como todos os anos, se desenvolverá no mercado da vila. Xa pola tarde, a ANPA Arco da Vella organiza un Festival de Nadal no centro cultural de Muros a partir das 17 horas. O sábado, ás 18 horas, a compañía de títeres Alakrán interpretará a súa obra "Os soños na gaiola". Ao día seguinte, á mesma hora, a compañía A.DIS.BIS.MUR. ofrecerá un festival non centro cultural de Muros para os usuarios e usuarios do centro ocupacional Valadares. A compañía "A illa dos nen@s" ofrecera o día 22 dous espectáculos de maxia. Un será ás 17 horas no casa da Sociedade de Esteiro e outro, ás 19 horas, no centro cultural de Muros. Xa o día 23, os alumnos e alumnas do CEIP Esteiro participarán no Festival de Nadal que terá lugar a partir das 17 horas no pavillón Xosé Lago de Esteiro. Cine O centro cultural de Muros tamén acollerá durante o Nadal varias funcións de cine. A primeira será o día 27 ás 18 horas, coa película "Noche de Paz?". Ao día seguinte, á mesma hora, proxectaráse o filme "O bosque animado". O cine volve o día 3 de xaneiro, coa película "Soño dunha noite de San Xoán". Ao día seguinte, proxectarase "O espíritu do bosque". O día 29 de Nadal, Inacio Vilariño ofrecerá o seu espectáculo "O castiñeiro do Apalpador". E ao día seguinte, Redrum Teatro interpretará "Noiteboa". A asociación Fouleada organiza para o día 5 de xaneiro unha cabalgata de Rei que sairá das Laxeiras. A programación de Nadal remata o día 14 de xaneiro coa obra "Roedores" de Redrum Teatro. Fonte

Comentarios