Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Teatro, música e monólogos para o outono vimiancés

Teatro, música e monólogos para o outono vimiancés
Programa Cultural Vimianzo Outono 2016 Programa Cultural Vimianzo Outono 2016 2

O Concello de Vimianzo presentou a programación para adultos do Auditorio de Vimianzo para os vindeiros meses. Así, os sábados de outubro, novembro e decembro, os veciños de Vimianzo saben que na Casa da Cultura haberá espectáculos teatrais, musicais ou monólogos, nunha nova aposta pola progamación continua.

Actuarán en Vimianzo as figuras máis destacadas do panorama nacional galego, Chévere, Carlos Blanco, Isabel Risco, Isi, Celso Fernández Sanmartín, Pedro Brandaríz, Xosé A. Touriñán ou Uxía e Narf.

O Concello de Vimianzo continúa apotando por traer á capital de Soneira unha programación cultural de calidade a uns prezos económicos. Algunhas das actuacións serán de balde e outras de pago. Con respecto ás de pago a entrada máis cara custará 5€ e habrá descontos para estudantes, terceira idade e familias numerosas.

Dede a tempada pasada o Auditorio de Vimianzo atópase incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios o que permite que pola Casa da Cultura de Vimianzo pasen figuras de primeiro nivel.

Nos vindeiros días presentarase a programación infantil para este outono.

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios