Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Técnic@s sociais e o CIM expoñen as necesidades da terra do Xallas á Deputación

Técnic@s sociais e o CIM expoñen as necesidades da terra do Xallas á Deputación
Xuntanza dos servizos sociais de Santa Comba e Mazaricos coa Deputada Anxela Franco Xuntanza dos servizos sociais de Santa Comba e Mazaricos coa Deputada Anxela Franco Segue percorrendo a xeografía galega a deputada nacionalista da Área de Benestar Social da Deputación da Coruña, Ánxela Franco. Xa estivo analizando c@s técnic@s en servizos sociais as realidades e as necesidades das zonas de Fisterra, Bergantiños e Muros, e esta semana estivo, acompañada de tres técnicos, en Santa Comba. Mantiveron unha unha xuntanza de traballo comarcal, no marco do proxecto "Compartimos plan", co persoal do Centro de Información á Muller (CIM) xalleiro e coa Traballadora Social para artellar futuras accións relacionadas co fomento da igualdade. Na mesma xornada de traballo participou persoal do departamento de Servizos Sociais de Mazaricos. Ademais do contacto de primeira man coas inquedanzas e demandas das técnicas municipais, Ánxela Franco compartiu futuras liñas de actuación coa alcaldesa de Santa Comba María Pose e coa Concelleira de Servizos Sociais Esther Espasandín. Dende a comarca trasladaron a necesidade de máis Formación interna e externa nas administracións en materia de igualdade, así como máis apoios ás administracións locais; e unha maior colaboración entre diversos estamentos para a actuación sobre casos de violencia de xénero. Nesa liña tratáronse temas sobre a necesidade de máis recursos, asesoramento, coordinación; conciliación e corresponsabilidade; emprego; educación; empoderamento e participación social; violencia de xénero; ou outros temas como campañas de sensibilización, encontros, obradoiros etc.

Artigos relacionados

https://quepasanacosta.gal/buserana-alza-a-voz-ante-a-utilizacion-politica-dos-dereitos-das-mulleres/

Novas relacionadas

Comentarios