Xoves. 28.03.2024
El tiempo

TEGA, chave para aprobar os Orzamentos 2019 no Pleno de Santa Comba

Pleno no Concello de Santa Comba
Pleno no Concello de Santa Comba
TEGA, chave para aprobar os Orzamentos 2019 no Pleno de Santa Comba
TEGA, chave para aprobar os Orzamentos 2019 no Pleno de Santa Comba

Este pasado mércores o pleno do Concello de Santa aprobaba o seu orzamento para 2019. Máis de 8,1 millóns de euros (un 12% máis que o ano pasado), con puntos fortes recorrentes como son a inversión e a consolidación de persoal temporal. Así o indica o gasto en persoal, que ronda o 50% do orzamento anual.

Un orzamento que tivo os apoios de dous edís de TEGA, Silvia Cancela (que xa anunciou o seu paso ao PP nas listas de maio) e Javier Facal. Faltou ao pleno Chisco Ameixeras, mentres continúan as conversas entre os dous grupos para unha hipotética fusión de cara ás municipais.

Tampouco estivo Ucha Velo, voceiro dun PSdG que votou en contra, considerando que os “orzamentos non son cribles” porque os ingresos non se corresponden ca realidade, e “poden hipotecar ao Concello”.

Comentarios