Xoves. 25.04.2024
El tiempo

TeGa considera que o Orzamento aprobado en Coristanco é nulo

TeGa considera que o Orzamento aprobado en Coristanco é nulo

Despois de 3 anos cos orzamentos prorrogados, o pleno de Coristanco aprobaba o pasado mes de xullo uns novos orzamentos para 2018. Pero haberá que ver se é o defintivo, unha vez que o grupo de Terra Galega (que xa votou en contra dos mesmos no pleno) vén de presentar unhas duras alegacións, considerando que “hai múltiples erros que o invalidarían si non se corrixen”.

Son 12 puntos os que o voceiro de TeGa considera “erros grave”, e indica que “a disminución de ingresos e o aumento de gastos nalgunha das partidas, rompe o equilibrio financieiro e regras de gasto”. De feito, considera que “o alcalde Abraham Gerpe trata de evitar incluír unha rebaixa no orzamento para así facer cadrar as contas a pesar da baixada de impostos aprobados no seu día, en contra dos informes de intervención, xa que a situación económica do concello era moi crítica pero agora é de obrigado cumprimento”.

Nese sentido, un dos puntos máis problemáticos é a falta de aplicación da rebaixa dos impostos do IBI aprobada no seu momento e que entrou en vigor este ano. Unha diferencia entre o importe dos impostos orzamentarios e reais que supera os 200.000€, segundo as contas de Amancio Lavandeira.

Outro dos puntos que non comparte dos orzamentos é a partida de 90.000€ para festexos, cando hai un plan de axuste aprobado en 2012 que acordou suprimir as subvencións a festas do 2016 ao 2022.

Hai tamén varias consideracións laborais dubidosas, en relación cos postos de peón mantemento de servizo de augas, de administrativo-tesoureiro, de ADL, de arquitécto técnico e de condutores do vehículo do lixo, que para TeGa non son correctos. Ademais pregúntase polo Plan de Ocio Infantil e a súa partida.

Por estos e outros motivos, TeGa votou en contra destos "orzamentos", que en moitos aspectos son continuistas da época de Plágaro, e noutros supoñen para Coristanco maior parálise e síntoma dun goberno caduco e desunido.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/coristanco-ten-orzamentos-3-anos-despois-tras-un-tenso-pleno-co-servio-de-pediatria-como-protagonista/

Comentarios