Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo

Teima aproveita a corentena para “Aprender”

O grupo de metal vimiancés vén de estrear “Aprender”, unha versión en acústico do seu tema para amenizar estes días de confinamento. Unha aposta pola autoprodución dende a casa, demostrando ao público que a música non entende de barreiras presenciais. “Aprender” é tan só un adianto dos futuros lanzamentos do grupo.

Tan pronto remate o confinamento, Teima agarda publicar os seus dous primeiros singles oficiais, gravados e mesturados por Óscar Fernández “Chichi” (Estudios Mafia).

Teima aproveita a corentena para “Aprender”