Venres. 29.03.2024
El tiempo

Tempo de coleccionar

coleccionando
Tempo de coleccionar

Sen clase, sen saír á rúa, fartos ata de ver a televisión, é tempo de sacar recursos de todas partes. E un pode ser o álbum de cromos do Fútbol Base da Costa. As nosas criaturas poden aprender ademais xeografía da Costa da Morte a través dos nosos equipos, ademais de afianzar o seu sentimento de club.

Os afortunados que aínda teñades cromos (moitos puntos de venta están quedando sen eles e non podemos, por motivos evidentes, recargar), aproveitade para pegar, pegar e pegar, e ir completando o álbum. Xa son case medio centenar de pequenos os que conseguiron completar o seu álbum e entran así no sorteo dun patinete eléctrico e dun mino-dron.

Podemos anunciar xa, se a crise sanitaria o permite, que o sorteo farase en plena Gala do Fútbol da Costa - QPC.

Comentarios