Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O tenis de mesa costeiro busca psicólogo

AD Zas Ponciano Nieto - Club del  Mar
O AD Zas Ponciano Nieto foi o único equipo costeiro que acadou a vitoria, ante o Club del Mar
O tenis de mesa costeiro busca psicólogo

Nova xornada a da pasada fin de semana con poucas vitorias para a familia do tenis de mesa costeiro, e parece que vai ser a tónica de toda a temporada, pois están os equipos xustos de xogadores e na maioría das veces parece que se autopresionan e non dar o seu maior nivel e con eso non son capaces de sacar partidos fáciles adiante. “Nesta xornada houbo moitos casos similares en varios equipos como dando a entender que en vez dun entrenador nos fai falla un psicólogo”, apunta o propio Stevo Lema.

3ª División Nacional masculina

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Club del Mar Promesas (4-2)
  • Resultado: Breogán Oleiros Kalamardos - Concello de Mazaricos (4-2)

Breogan Oleiros Kalamardos -  Concello Mazaricos
Breogan Oleiros Kalamardos -  Concello Mazaricos

Por fin e xa ía sendo hora volveu a gañar o AD Zas Ponciano Nieto, pois despois das dúas primeiras xornadas con victorias o resto foran as tres derrotas seguidas e esta que debia ser mais ampla se tanto Raul coma Stevo estiveran con mais concentración nos partidos que perderon. Moi ben nesta ocasión Brais gañando os dous individuais e coordinando moi ben con Raúl na súa primeira victoria nun dobre. Agora queda a seguir esta racha e que non sexa canto dun día- Polo outro lado, unha nova derrota do Concello de Mazaricos e desta vez contando con MIguel Rey, e é que os demais xogadores teñen que concienzarse de que el solo non chega. Agora ocupan postos de descenso que esperemos que pronto abandonen.

1ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Club del Mar Juvenil (2-5)
  • Resultado: Finisterre Deseñarte - VTM Pinturas Figueiras (5-2)

AD Zas O Pinar - CDTM Pazo de  Xerlis
AD Zas O Pinar - CDTM Pazo de  Xerlis

Dúas derrotas e por idéntico resutado foi o que colleitaron os equipos de 1ª galega na pasada xornada. Se ben o AD Zas Dimobel Bazar Baio puido cambiar moito o seu resultado a pouco que se concentrasen no seu xogo, salientar que Castro gañou o primeiro set e despois ia gañando o segundo 9-1 e non foi quen de rematar a faena, e, aí estivo a clave do resto dos partidos. donde os tres primeiros individuais perderonnos polo mesmo resultado de 3-2. Os partidos gañados viñeron despois de ter resolto o xeral e xa sen a presión do resultado.

Pola outra banda, o VTM Pinturas Figueiras foi superado con claridade polo coruñeses ante os que solo Julio Figueiras sacou adiante os seus partidos individuais.

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas O Pinar - CD TM Pazo de Xerlís (A Estrada) (3-4)

Non tiveron moita fortuna os de AD Zas O Pinar e menos Manuel Barreira que se deixou remontar un 2-0 nos sets e superando claramente ao seu rival pero logo deixouse levar pola precipitación, non cerrou o partido no terrceiro set (16-18) e despois pagáronno el e os compañeiros.
Onde si gañou todos os partidos Manuel Barreira foi o domingo na Liga Malov, a concentración que con periodicidade mensual organiza o clube Oroso TM de Sigüeiro. Este domingo xuntou a 154 xogadores e os trece representantes costeiros si que gañaron a maioria dos seus partidos.

Vindeira xornada

Sábado 16 de novembro

  • 3ª División nacional: CTM Coruña - AD Zas Ponciano Nieto, as 17'00 h. no pavillón do Barrio das Frores
  • 1ª División galega:
    AD Zas Dimobel Bazar Baio - CTM Coruña A as 17'000 no ximnasio do CPI de Zas
    VTM Pinturas Figueiras - Finisterre TM Sphera, as 17'00 no pavillón de Vimianzo

Domingo 17 de novembro

  • 3ª División nacional: Concello de Mazaricos - Nautalia Viajes as 11'00 h no pavillón de A Picota
  • 2ª División galega: Vilagarcia Graphium - AD Zas O Pinar, as 11h no ximnasio do colexio Arealonga de Vilagarcía
  • 2ª División nacional Femenina, concentración no ximnasio do CPI de A Bañan
    15'30  CTM GAM 2F - Club el Mar Femenino
    15'30  Concello de Cee - Naron Femenino
    15'30  SD A Baña  - Finisterre TM Restaurante A Moa
    17'00   CTM GAM 2F - Narón Femenino
    17'00  Concello de Cee -  Finisterre TM Restaurante A Moa 
    17'00  SD A Baña - Club del Mar Femenino
    18'30 CTM GAM 2F -  Finisterre TM Restaurante A Moa
    18'30  Concello de Cee - Club del Mar Femenino
    18'30 SD A Baña - Narón Femenino

NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO

Comentarios