Imprimir

Terbutalina publica o seu primeiro disco en vinilo

que pasa na costa | 04 de novembro de 2015

Terbutalina presenta o seu novo disco Al Otomano se le va la mano Terbutalina presenta o seu novo disco "Al Otomano se le va la mano"

Moi fans declarámonos da banda muradá Terbutalina. O seu enerxético punk é aire fresco nunha Costa da Morte plegada á ditadura da verbena.

Pois seguen creando e están a piques de presentar o seu 8º disco, que se di pronto. "Al Otomano se le va la mano" chega máis "bailongo" que nunca, co single "Sudar sangre" na cabeceira. E verá a luz este mércores 11 de novembro.

As novas once cancións da banda estarán dispoñibles, como é marca da casa, en libre descarga en formato dixital desde as súas distintas plataformas web, mais nesta ocasión haberá unha gran novidade: será o primeiro traballo da banda en ter edición física, en vinilo.

Polo de pronto, xa podemos disfrutar deste Sudar Sangre, obra de Producciones Mutantes:

 

Datos do disco

Os selos encargados de lanzar o seu disco serán Folc Records (Guadalupe Plata, The Phantom Keys, Los Chicos, MFC Chicken) e Grabaciones de Impacto (Drunk Mums, The Cubical, Nave Nodriza).

O disco gravouse no Estudio A Ponte (Roxos), onde xa gravaran o seu anterior traballo, A MUERTE, que resultou escollido Mellor Álbum en Galego de 2014 nos Premios da Música Independente. Foi gravado ao vivo en cinta analóxica. Do máster encargouse Jim Diamond (The White Stripes, The Sonics), de Ghetto Recorders en Detroit.

 

Festa de Presentación

O disco presentarase na Sala Capitol de Compostela o 28 de novembro, nunha festa na que estarán acompañados da banda cántabra Lupers.

Neste concerto gravarase o novo videoclip da banda e (ollo!) quen acuda á festa lucindo camisa de flores terá un CD de agasallo!

Así que xa poden Mercar entradas online / A Reixa Tenda.

  Ligazóns:

Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muros/terbutalina-presenta-novo-disco-en-vinilo/20151104153030079219.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA