Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Rikísimo ascenso

3ª Autonómica: Rikísimo ascenso
A Unión Deportiva Monte Louro acadou o ascenso á Liga da Costa, tras superar a un Muxía que lle puxo as cousas moi difíciles; os muradáns ateigaron Agra de Filgueira Houbo celebración por todo o alto en Agra de Filgueira - Reportaxe gráfica: Xosé Sendón Houbo celebración por todo o alto en Agra de Filgueira - Reportaxe gráfica: Xosé Sendón   Monte Louro 1-0 Muxía Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB
  • Campo: Agra de Filgueira
  • Monte Louro: Iago, Abel, Borja, Pablo, Gelo (Pedro de García m.80), Adrián, Dani Deza (Juanche m.70), Riki (Canelo m.90), Sexo (Pesi m.75), Juan de Celia e David
  • Muxía: Santi Papi, Iván Chans, Conguito, José Manuel, Denis, Adrián, Julián (Samuel m.58), Noé (José Manuel m.58), Tarrela, Pereira e Pana (Rodri m.75)
  • Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Gelo, David, Adrián do Louro; Noé, Iváns Chans, Pana, Denis e Julián
  • Gol: 1-0 m.6 Riki
Geiko, o 'halcón maltés', estivo na memoria de todos Geiko, o 'halcón maltés', estivo na memoria de todos Os xogadores merendáronse a Terceira Autonómica, xunto a directiva e corpo técnico Os xogadores merendáronse a Terceira Autonómica, xunto a directiva e corpo técnico Borja cambiou por un día a Estrella Borja cambiou por un día a Estrella O Sur volcouse co Louro O Sur volcouse co Louro Rico Riki Un tanto do canteirán Riki nos primeiros compases, cun bo remate, deulle o ascenso á Unión Deportiva Monte Louro, un equipo que ten baseado no seu poderío ofensivo o éxito e o camiño do retorno á Liga da Costa. Sufriu e moito para aguantar o resultado ante un Muxía que da a sensación que, de ter durado algo máis a tempada, podería ter chegado á loita dos dous primeiros. Houbo festa rachada e ambiente de luxo en Agra de Filgueira, e tamén un recordatorio constante para Geiko, pichichi que desde o exilio de Malta seguiu o seu legado. Non durou máis que un ano o paso pola Terceira dos muradáns, cun grupo da casa e unha directiva de traballo recoñecido. A canteira ten sido outro eixo fundamental, coa aportación de numerosos xuvenís. Riki, autor do tanto decisivo Riki, autor do tanto decisivo   Camelle 2-3 Laxe
  • Campo: O Rodeiro
  • Camelle: Jonathan, Cristian, Rubén, Carlos, Sergio, Jose, Martín, Tedín, José Manuel, Mario e Tajes
  • Laxe: Noé (Jaco m.46), Naya, Jacinto (Bras m.80), Aarón, Djamel, Boja, Gora, Felipe Oróns, Felipe Rodríguez, Miguel (Samu m.27) e Zúrich (Jorge Pichel m.20)
  • Árbitro: Arranz Gil (A Coruña). Expulsou a Samu, do Laxe (m.53)
  • Goles: 1-0 m.2 José Manuel; 1-1 m.57 Felipe; 2-1 m.61 Mario; 2-2 m.86 Jorge Pichel; 2-3 m.87 Borja
Pasillo para lembrar O Laxe viviu un dos seus días máis festivos e felices en moitos anos, e despediu cunha vitoria a Terceira Autonómica. Houbo unha agradecida caballerosidade do Camelle, que se prestou a facer o pasillo. No estrictamente deportivo, a intensidade non foi a habitual, e tampouco o campo axudoud demasiado. Para o recordo queda o golazo de Felipe Oróns.   Lira 2-5 Corcubión
  • Campo: Lombáns
  • Lira: Jose, Juancar, Santi, Ramón, Eloy, Cheikh Germán, Yago, Suso, Salva e Marco Piteiro
  • Corcubión: Beto, Mario Suárez (Samuel m.48), Gabi, Alan, Sebas (Marco Castreje m.53), Lema (Jose m.70), Toja, Iván, Adrián (Germán m.61), Tito e Pablo
  • Árbitro: Gesto Moral (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.5 Tito; 1-1 m.20 Yago; 1-2 m.34 Lema; 1-3 m.67 Samuel; 1-4 m.70 Lema; 2-4 m.74 Eloy; 2-5 m.88 Jose
Cumpriu pero non chegou A Unión Deportiva Corcubión fixo o que debía e venceu ante un Lira que competiu con dignidade, pero que despediu a competición de novo moi curto de efectivos. Foi igualado o primeiro acto, pero o paso dos minutos foi toda unha losa para os locais.   Castrelo 1-1 Sporting Seaia
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Castrelo: José Manuel, Curra, Víctor Lema (Gustavo m.34), Jesús, Roget, Roi, Fernando, David Caamaño, Félix, Quintáns e Raúl
  • Sporting Seaia: Jose Luis, Sergio (Elvis m.61), Javi, Jorge Parga, Miguel, Barreiro, Jose, Dani, Álex, Adrián Parga e Fran (Carracedo m.63)
  • Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.52 Jorge Parga; 1-1 m.70 Roi
Por quinta vez Despois de terse visto as caras dúas veces en Copa e tres en liga, non quedan segredos entre Castrelo e Seaia, que despediron unha competición irregular e longa para ambos. Non houbo demasiada tensión nin oportunidades de perigo.  

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios