Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Tesouros de Berdoias (XXII): Os camiños, os cercados, as pontes

Continuamos da man da “Asociación Parroquial de Berdoias“ e do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias.
Arquitectura do Territorio en Berdoias
Tesouros de Berdoias (XXII): Os camiños, os cercados, as pontes

MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS:
CONSTRUCIÓNS DO TERRITORIO (I):
OS CAMIÑOS, OS CERCADOS, AS PONTES

Autores como Begoña Bas, Pedro de LLano, Xosé María Lema… falan de Arquitectura do Territorio cando se refiren ós camiños, ós cercados, ás pontes... Para eles a arquitectura é un ámbito máis amplo que o da casa-vivenda e as súas construcións complementarias, tamén abrangue toda a modificación do medio realizada polo home para acadar mellores condicións de vida, inclúe por tanto os valados que delimitan lindes, os camiños que comunican as casas coas súas herdades..., e as diversas e diferentes solucións de pasos como as pontes…

Entre os rasgos máis distintivos do noso territorio, coma este da parroquia de Berdoias, están o de ser unha paisaxe moi humanizada, moi tocada pola man do home, un espazo onde cada curruncho de terra ten o seu propio nome. Un territorio de habitat disperso, cun predominio da pequena propiedade, do minifundio, e, ata non hai moitos anos, de economía agraria autosuficiente, co que se comprende así a necesidade e a existencia de moitas vías de comunicación de diversos tipos.

Hoxe, coa emigración, a intensa despoboación do rural e coa importante modificacción e transformación da economía, do territorio e da paisaxe agraria, levaron consigo tamén a desaparición e o abandono de moitos dos seus camiños, valados, pontes…

Velaquí unha pequena mostra fotográfica de camiños da parroquia de Berdoias, acompañados de valados de pedra de diferentes fasquías:

Tramos de camiño de Berdoias – Boallo

Tramos de camiño de Berdoias – Boallo
  Tramos de camiño de Berdoias-Boallo

 

Camiño das Carreixas en Berdoias, no que, como solución ós problemas de tránsito no inverno, se reserva, nalgún tramo, un paso máis elevado, e polo tanto enxoito, para o paso da xente. As Carreixas aínda conserva tamén algún tramo de empedrado no chan.

Camiño das Carreixas en BerdoiasTramos do camiño das Carreixas en Berdoias

Detalle duns tramos de Calzada empedrados en Boallo, a carón do paredón do pazo e do portalón de entrada e saída do lugar

Calzada de Boallo-BerdoiasTramos de calzada en Boallo

Camiño en Grixoa cara as agras, cun valado de pedra elemental, case dunha simple superposición de pedras.

Camiño de GrixoaCamiño en Grixoa

Detalle dun camiño interior en Berdoias, cun bo valado de pedra rematado nunha longa fiada de pequenas lousas asentadas de xeito inclinado.

Camiño en Berdoias cara a casa de Alonso LemaCamiño interior en Berdoias, cara a casa de Alonso de Lema II

 

E velaquí tamén unha mostra de tres pontes, ubicadas en plena Vía Mariana:

A PONTE DO VA PEDROSO, no camiño de Berdoias-Boallo, apoiada sobre 6 machóns ou cepas, que son os piares de cachotería que sosteñen os pontillóns lonxitudinais do chan da ponte, e sobre os que se asentan outras pedras irregulares. As cepas ou machóns están apuntados e algo redondeados, sobresaíndo augas arriba para facilitar unha mellor circulación da auga. No medio de cada un dos 5 ollos ou boquetes hai colocadas unhas estreitas laxes verticais para dificultar a posible obstrución no interior da ponte. Aínda así, as fortes enchentes e o abandono na limpeza deixaron danado este importante e singular paso.

Ponte do Va Pedroso, augas arriba Ponte do Va Pedroso, augas abaixoPonte do Va Pedroso, augas arriba e augas abaixo

As Pontellas rurais das CARREIXAS e do VA FONDELO, de 3 e 2 ollos respectivamente, teñen de machóns ou piares de apoio unha antas colocadas de canto en sentido vertical, e que sosteñen os pontillóns que conforman os seus chans.

11 Pontella das Carreixas e pontella do Va Fondelo copiaPontella das Carreixas; e Pontella do Va Fondelo

 

TESOUROS DE BERDOIAS

Comentarios