Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Tesouros da Parroquia de Berdoias (III): A Eira de Rúa e a Eira da Gaia

Continuamos da man “Asociación Parroquial de Berdoias“ e o Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias. Hoxe seguimos ca serie sobre as construcións de transformación de gran, coas Eiras.
Eira de Rúa -Berdoias-Vimianzo
A Eira de Rúa, no lugar de Casanova
Tesouros da Parroquia de Berdoias (III): A Eira de Rúa e a Eira da Gaia

A Eira da Gaia está na Pedra do Frade

Mostra do Patrimonio Material da Parroquia de Berdoias:
Construcións de transformación do Gran (III): A Eira de Rúa no lugar da Casanova e a Eira da Gaia na Pedra do Frade

A Casanova e A Pedra do Frade son dous pequenos lugares da parroquia, ubicados moi pretiño da VÍa Mariana Luso- Galaica.

Nas súas aforas, mesmo a carón de cada un deses lugares, están estas dúas xoias: a de Rúa e a da Gaia, dúas pequenas eiras circulares que se nos ofrecen á vista tal que dous “aneis encantados”.

Os seus chans, nunha perfecta adaptación ó medio no que se ubican, están feitos aproveitando in situ terreos rochosos: no caso da eira de Rúa, procedente dunha soa laxe natural aplanada; e o chan da de Gaia, procedente de tres laxes naturais aplanadas.

Os bordos, valados perimetrais das dúas eiras, son de pouca altura e de cachotería. E só no caso do bordo da de Rúa combina, en perfecta harmonía, un tramo de cachotería con outro tramo a base de chantos de pedra.

Velaquí dous exemplos de arquitecturas do pan que, por propia vontade dos seus donos, aínda perduran esplendidamente no tempo, ocupando espazos solleiros e ventosos, porque o sol e o vento foron e son sempre imprescindibles para calquera boa eira.

Aqui quedan fotografías das eiras de Rúa e da Gaia e mapas dos lugares de A Casanova e de Pedra do Frade coa localización das súas eiras:

Mapa de eiras de Pedra do Frade en Berdoias
Mapa das Eiras de Pedra do FradeEira da Gaia na Pedra do Frade-BerdoiasFoto da Eira da Gaia

Mapa de eiras de A Casanova en Berdoias
Mapa das eiras de Casanova
                               Foto da Eira de Rúa

Tesouros de Berdoias

Comentarios