Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Tesouros en papel: Nostalxiando

Tesouros en papel: Nostalxiando
A completa producion artista de Fran Martin de APEM Cee Por s ealguén dubida da produción artística e Fran Martín...

Seguimos coñecendo ao amigo Fran Martín, un dos membros da marabillosa familia de APEM. E o facemos a través dos seus debuxos, para nós, auténticos tesouros “naifs e minimalistas”, como el mesmo os define.

Hoxe fixemos parada especial, pois vimos de recargar baterias xunto a el. Unha verdadeira honra compartir algo de tempo con este home. Un home especial, que con cada frase deixa claro a cantidade de referencias culturais das que bebe. Un home que sabe 6 idiomas e os mantén vivos ca lectura e mesmo dando clases a cambio dunha sinceira amizade.

Para os que dubidan da súa produción artística, traemos esta foto con todo o material que nos cede, para estudar, e escoller os mellores debuxos. Nos días de máxima produción chega a facer 20 debuxos, pero tamén parar e facer cousas máis minuciosas. De feito, esperamos en breve podermos facer cunhas xoias gráficas que ten doado á súa famila para compartilos con todos vós.

Aquí deixamos un tesouro da nova serie:

Debuxo de Fran Martin de APEM Cee-Nostalxiando  

Novas relacionadas

Tesouros de papel

 

Fonte

Comentarios