Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Tito Luaces, Premio Histórico da Gala do Fútbol da Costa - QPC

Tito Luaces, Premio Histórico da Gala do Fútbol da Costa - QPC
Tito Luaces, lenda viva do Fútbol da Costa Foto dos irmáns Martín e os irmáns Luaces no Muxía. Tito era o primeiro pola dereita de pé Sabedes que cada ano, no marco da Gala do Fútbol da Costa, queremos facer un guiño á famosa historia do noso deporte. O ano pasado era Manolín o homenaxeado, e este ano, despois de falar cos nosos expertos de cabeceira (nomeadamente Lema Suárez, Chema Rei, Luís Porto e Héctor Pose), consideramos que un dos futbolistas que merece ese recoñecemento é precisamente o muxián Tito Luaces. Pola vila da Barca, que albergará a Gala o vindeiro venres 16 de xuño, non todo o mundo o lembra pero si que ten escoitado ducias de historias sobre el. Un Luaces que mesmo fóra escollido entre os 16 mellores xogadores da Costa nunha enquisa que realizara a web www.corcubion.com aló polo 2003. Na Gala contaremos cos seus familiares para reicbir O propio Chema Rei botounos unha man para configurar esta biografía futboleira do muxián:
  • Na Temporada 63-64 era adestrador-xogador do UD San Isidro (de Quintáns-Muxía, un dos equipos fundadores da Liga da Costa que este diario recoñeceu na I Gala celebrada en Muxía), e mesmo fora escollido no once ideal da Liga da Costa desa temporada polo xornal deportivo Riazor.
  • Na temporada 64-65 xa figura como adestrador-xogador do Muxía CF, mais tamén aparece como adestrador do UD San Isidro.
  • Na temporada 65-66 ía continuar como adestrador do Muxía, pero ao final fixérase cargo do equipo Eduardo Toba, que estaba libre esa temporada e Luaces quedou só como xogador. Esa temporada gañaron a Liga da Costa. Para a Copa xa quedou Luaces tamén de adestrador, e chegaron á final co Xallas, perdéndoa no partido de desempate.
  • Seguiu como adestrador-xogador do Muxía polo menos ata a temporada 68-69. Despois perdinlle a pista ata que…
  • Nas temporadas 79-80 e 80-81 estaba como adestrador do Soneira SD.
  Equipo do San Isidro da temporada 63-64: Tito Luaces era o segundo pola esquerda entre os anicados. Equipo do San Isidro da temporada 63-64: Tito Luaces era o segundo pola esquerda entre os anicados quipo do Muxía da temporada 65-66: Luaces era o segundo pola dereita dos anicados, co balón nas mans. Equipo do Muxía da temporada 65-66: Luaces era o segundo pola dereita dos anicados, co balón nas mans.Foto Gonzalez Outra foto do Muxía da temporada 65-66: Tito ten o balón nas mans, o 2º pola dereita anicado. Outra foto do Muxía da temporada 65-66: Tito ten o balón nas mans, o 2º pola dereita anicado. Foto como adestrador do Soneira na temporada 78-79: 1º pola esquerda, de pé Foto como adestrador do Soneira na temporada 78-79: 1º pola esquerda, de pé Entrevista de La Voz de Galicia a Tito Luaces antes do partido de desempate da final da Copa da Costa 65-66 Entrevista de La Voz de Galicia a Tito Luaces antes do partido de desempate da final da Copa da Costa 65-66  

Os Patrocinadores da Gala

cartel patrocinadores Gala Futbol da Costa- QPC 2017

Novas relacionadas

As Galas do Fútbol da Costa

Máis información

Fonte

Comentarios