Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Todo en marcha para a Gala do Fútbol da Costa-QPC

Todo en marcha para a Gala do Fútbol da Costa-QPC
III Gala Futbol da Costa-QPC Quepasanacosta 2016 Xa está o equipo de Quepasanacosta a tope coa III Gala dos Premios do Fútbol da Costa-QPC, que terá lugar o vindeiro venres 24 de xuño na Casa da Cultura da Picota, Mazaricos, a cal está todo o deporte costeiro invitado. O Concello de Mazaricos xa están traballando para que todo saia ben. Hoxe toca presentar o cartel, creado por Numenius Comunicación, e agradacer aos patrocinadores, que fan posibles estes eventos. Ademais, e mentres 150 persoas do fútbol costeiro xa están emitindo as súas votacións para que os premios sexan o máis xustos posible, toca presentar tamén aos que van guiar a gala. Unha gala que traerá, en todo caso, varias sorpresas con acento mazaricán. Xa temos confirmados dous grandes persoeiros para dirixir esta Gala. Fran Hermida, a que será a eterna Voz do Fútbol da Costa, será, un ano máis, o director do evento. E para dar o toque de humor, e estreando peza teatral, dende alí ao lado da Casa da Cultura, o mazaricán Fede Pérez Rey, un grande da escena galega. [fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/977356445716346/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

Patrocinadores

Así, o máis importante é agradecer aos patrocinadores, sobre todo a Ferroatlántica e Calvo, os máis importantes. Pero tamén a DaFIT entrenamiento personal; a tenda de deportes de Cee Máis Deporte, o Mesón A Cantina de Fisterra, a revista Fútbol Táctico, a Clínica de Fisioterapia Sar, o centro de beleza de Carballo Silfer Mucho Más, A Clínica de Fisioterapia Vértebra con Berta Reymúndez e a podóloga Alicia Novás, Santitel, Autocares J. Pombo, Aluminios Dumbría e Vitureira Bouzas. Gracias a todos, e ao Concello de Mazaricos, por apostar polo deporte costeiro. E como non agradecer tamén aos que están todo o ano apoiando o Fútbol da Costa en QPC, como son, ademais de Clínica Sar, Vértebra e Máis Deporte que tamén queren estar na Gala de fin de curso, aos Estación de Servizo Bazarra e Senra Sport.  

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios