Mércores. 24.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
21:08
10/07/09

Todo necio confunde valor con precio

Todo necio confunde valor con precio
As verdades como puños de José Luis Louzán

Nestas datas de aumento da afluencia de visitantes a comarca prodúcese un efecto que ademais de enriquecer e eliminar o noso habitual illamento do resto do mundo, tan pernicioso e idiotizante coa poboación, ten tamén contrapartidas negativas, unha delas, a enorme estupidez de moitos dos que nos visitan cando se trata de buscar e coñecer o mellor da nosa despensa ou hostalería.

I é que neste país da caspa e a intransixencia, tamén se estila moito, cando mais en épocas de crise, o dito que popular tan ben utilizado nunha nefasta campaña publicitaria por unha cadea de supermercados de “a calidade non ten porque ser cara” algo que, ademais de enganoso, e directamente mentira.

Non quero con isto dicir que todo o que ten un prezo, exorbitado ou non, ten que ser de boa calidade, para nada. Pero en materia de beber e comer, normalmente, o que mais caro sae soe ser o barato. Podemos preguntarllo os miles de afectados polo aceite de Colza, o mais barato da historia, ou as ducias de intoxicados anuais pola ensaladiña rusa, o mais barato dos conceptos de pincho de verán e o mais perigoso si se cae en mans de desaprensivos. Podemos lembrar tamén os centos de mortos pola inxesta de oruxo, de caña de herbas en mal estado entre os anos 50 e 60, mortos por un uso abusivo de alcohol metílico en mal estado. Daquela os mortos foron case todos Galegos pero é que daquela non existía o turismo como agora.

Podemos falar tamén do grande buscado nestas datas pola parroquia Madrileña en Galicia, o albariño “da casa”, onde a presenza desta uva resulta en demasiadas ocasións meramente testimonial e onde se ven fraudes como o que nestes días me provocou unha risa frouxa que aínda me dura. O caso dunha veciña de Torrelodones que me discutiu de xeito apaixonado que nunca probara cousa como un albariño que mercara nun furancho en Cambados “riquísimo” dicía “o mellor viño tinto que probei na miña vida”. A cara mudoulle de ledicia a tritura cando despois dunha longa explicación lle fixen ver que a uva albariño nunca foi tinta “aló menos neste ultimo século señora”. En todo caso, nas Rias Baixas e baixo esa denominación se embotella tinto, certo, de variedades autóctonas como a Brancellao ou a Merezao. Pero non se ten noticia de que a uva nai dos brancos galegos teña mudado de cor. Na casa de ninguén.

Entendo moitas veces que a sensación de fraude, de abuso na hostalería, ou de engano na adquisición de produtos sexa grande, pero en demasiadas ocasións son os propios visitantes os que buscan ese trato ou esa pésima calidade. Ala cada un, por suposto, coa súa carteira e a súa saúde, pero non nos voten a culpa os demais pola súa mala cabeza. Nin tódalas centolas son da ría nin existe o albariño tinto. Nin os chiringuitos da praia teñen estrelas michelin nin todos os “estrelados” son carísimos e comes pouco. A mesma comida nun chiringuito de praia, baixo o sol, con manteis de papel cando so poñen e as peores copas e pratos “cascarillados” so custa cinco euros menos por cabeza que outra de máximo nivel, con vistas o Castelo de San Carlos en Fisterra ou a barra de mar da ría e o Monte Branco en Cabana, manteis de tela, máximo coidado no servizo e profesionalidade absoluta.

Lémbreno cando gasten 200 euros nesa mariscada na que os trataron a patadas e bebendo aquel viño “da casa” intragable. A calidade si ten un prezo. O seu. O que corresponde o seu valor. Nin mais, nin menos.

  • José Luis Louzán.

Comentarios