Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Todos fomos ese neno labrego de Neira Vilas

Todos fomos ese neno labrego de Neira Vilas
Homenaxe a Neira Vilas en Ponteceso-Fotos-Oscar de Souto Homenaxe a Neira Vilas en Ponteceso-Fotos-Oscar de Souto Cando facer o amor era un ritual, cada mañán, mentres o merlo era o despertador desta terra verdescente, labrega e gandeira, mariñeira e amante do fol e da gaita, amante do tambor e do bombo, da muiñeira e, como non, desas nosas grandes feiras… Lembrando o noso pasado próximo… Euen non foi ese neno/a labrego/a de Neira Vilas? Con mares de ardora no alento redactamos poemas salgados e pintamos verdes e prados e lares, endexamáis pintados…. como derradeiros gladiadores do verso…… con ese toque excelso, axeitado para especialistas no manexo experto da lingua, poemas exactos e perfectos, para esas élites da escrita,….. pétrea noite. Mais foi xente moi humilde, como Neira Vilas ou Manuel María, escritores e tropos que procuraron atopar ese respeto popular ardendo como un sol de verán. Cando a linguaxe é aquela carta redactada, no abecedario de tódolos días, onde a nosa xente atopa respostas entre as liñas, ou novas preguntas, camiños de toxos e silvas que pisan mentras descubren novos montes entre as letras. Esa foi a sinxela clave de obras inmortais para iniciar a ese lector que desbroza unha nova selva inóspita, onde algúns, quedamos xa a vivir …..para sempre. E lembrando hoxe, domingo 31 de xaneiro de 2016, ese nacemento de Castelao, tamén queremos honrar na Casa da Cultura do Concello de Ponteceso, como pequena despedida o narrador pontevedrés Xosé Neira Vilas, nun día marcado sempre pola medra da luz e dos días neste novo ciclo solar recén nacido que resucita en novas voces e novas letras por estes montes ateigados de leña e fouciño e novas terras en barbeito que debemos plantar e retrobar para que todo viva alén da morte, como se este soño e este conto fosen xa un conto e un soño de todos e cada un de nós. Deica sempre, socio !!! Medre a nosa lingua vella e que medre ceibe e libertada.
  • Obscenidade, sexo e poesía.
    • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

    Outros artigos de Óscar de Souto

    Novas relacionadas

    Fonte

    Comentarios