Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Todos os grupos da oposición apoian á marcha reivindicativa dos traballadores de Ferroatlántica

Todos os grupos da oposición apoian á marcha reivindicativa dos traballadores de Ferroatlántica
Saida de Negreira da comitiva de traballadores de Ferroatlantica 2 Saída de Negreira da comitiva de traballadores de Ferroatlántica Arrincaban este mércores e avanzan (hoxe toca Negreira-Bertamiráns) cara a Alameda de Compostela, onde o sábado rematará esta peregrinaxe reivindicativa cunha gran manifestación polo mantemento dos postos de traballo de Ferroatlántica. Unha marcha que conta con cada vez máis apoios. Estes días todos os grupos da oposición están amosando o seu apoio para intentar convencer ao goberno da Xunta que evite a segregación de actividades da empresa Ferroatlántica. De feito, teñen feito algún quilómetro Mini e Ana Pontón por parte do BNG; Antón Sánchez de En Marea e Loli Toja e Margot Lamela por parte PSOE. Xunto con eles, os alcaldes de Mazaricos e Dumbría son os máis implicados, mentres que os de Negreira e Ames están a colaborar tamén activamente permitindo que os “peregrinos reivindicativos” poidan durmir nos pavillóns. É tal o nivel de apoios que onte toparon coa verbena nicrariense na que o mesmo Combo Dominicano sacou a pancarta de apoio aos traballadores. A serpe reivindicativa en marcha polas estradas da provincia cara Compostela  

A CIG exixe unha negativa inmediata da Xunta

O portavoz nacional da CIG, Paulo Carril, é outro dos que ten percorrido máis quilómetros. Unha CIG volcada contra a segregación das actividades de ferroaleación e hidroeléctricas, pola defensa dos nosos recursos naturais e polo mantemento do emprego na comarca da Costa da Morte. Carril esixe da Xunta de Galiza unha negativa inmediata ás pretensións de Villar Mir. “Canto máis tarde a Xunta en dar unha resposta negativa á solicitude da empresa máis está amparando unha venda que é ilegal, inxusta e que consuma un intento de espolio dos nosos recursos naturais”, sinalou. O secretario xeral da CIG, que fixo un chamamento a participar masivamente na manifestación convocada para este sábado en Compostela, considerou que “a única garantía de emprego presente e futura pasa por manter a situación de non venda, non segregación e mantemento da vinculación das ferroaleacións coas concesións hidroeléctricas”.  

En Marea

https://www.facebook.com/EnMareaGal/videos/2012264002330495/ O deputado Antón Sánchez acompañou a expedición durante a segunda xornada de peregrinaxe. Antón recordou a realidade de “interese público” da causa e lamentou que “o xogo que Villar Mir se trae coas cetrais e a ferroaleación non é de agora, sempre foron utilizadas para as comenencias financeiras do ex ministro”.

O PSOE

A voceira socialista ceense Margot Lamela e a deputada laxense Loli Toja participan na xornada de venres, para intentar “evitar o espolio dos nosos recursos naturais”. Por iso únense á “loita contra segregación das centráis hidroeléctricas das fábricas de Cee e Dumbria, e piden mobilización por parte da cidadanía de cara a este sábado.

BNG

Para Ana Pontón, todo o que rodea ao intento da multinacional de “facer caixa” coas centrais dos ríos Xallas e Grande é “unha páxina negra” que espera que a Costa da Morte poida deixar atrás canto antes. “Todo o que rodea a este expediente, todo o que rode a esta operación só pode ser cualificado como unha páxina negra que hai que pasar, porque os recursos naturais de Galiza non poden estar ao servizo de que un empresario madrileño, -imputado por suposto financiamento ilegal do PP e investigado na operación Lezo-, pretenda facer caixa cos recursos deste país”, sinala Pontón. Así llo explicou Mini a varios peregrinos franceses que se atoparon polo Camiño. Mini explicando a uns franceses o Caso Ferroatlántica Mini explicando a uns franceses o Caso Ferroatlántica

Autobuses a Compostela

Buses para a Manifestacion de ferroatlantica do 8 de xullo Para a cita do sábado os Concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Zas, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía e Vimianzo están xestionando autobuses. Poden anotarse antes do 6 no 649 09 87 81. O Comité ten 5 buses fletados, e 3 o Concello de Cee, e cada un dos concellos fletará os que sexa necesario. En todo caso tamén haberá moita xente que vaia en coches particulares. “Cremos que vai haber moita xente na Alameda”, recoñecen dende o Comité.  

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte Redacción QPC ([email protected]).

Comentarios