Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A tomenta perfecta sobre o Monte Salgueiras

Pondal vixia a entrada ao Monte das Salgueiras
Pondal vixia a entrada ao Monte das Salgueiras
A tomenta perfecta sobre o Monte Salgueiras

Non desiste. Carlos Penedo Casmartiño, membro da Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras e asinante do “Aldeas con horizonte”, volve lanzar o seu dardo contra a invasión eólica.

A tormenta perfecta

Unha empresa eólica, Norvento S. L., en busca de ventos rendibles e un goberno da Xunta con normativas obsoletas e anti democráticas, sitúanos ante a tormenta perfecta. Refírome á concesión por parte do goberno da Xunta do parque eólico Salgueiras á empresa eólica Norvento S.L..

O Monte As Salgueiras está nunha área especialmente desexada polas eléctricas: O vento é persistente e consistente.

O concello de Ponteceso ten zonas do seu territorio no litoral, onde o vento zoa con intensidade. Dada a súa paisaxe, vexetación e surtido número de aves, son zonas de máxima protección ambiental, todas elas integradas en Rede Natura. O Monte As Salgueiras está dentro desta zona de protección. Hai que engadirlle ademais un legado paisaxistico e cultural impresionante.

O parque eólico Salgueiras linda co Monte Branco, o esteiro do Anllons, a praia de Balarés, as Brañas de Gondomil, estamos a falar de Rede Natura. Na tramitación do expediente tiña que ter realizado unha avaliación sobre as repercusións sobre a Rede Natura e non se realizou. Por iso como denunciamos varias entidades, o parque eólico Salgueiras é ilegal, si ilegal.

O parque eólico Salgueiras afecta aos Cantís do Canteiro, un espazo de interese paisaxístico, protexido no POL (Plan de Ordenación do Litoral). Ademais comtempla a protección de vexetación de ladeira, outra vez, Rede Natura.

O parque eólico Salgueiras desde a parte Norte da poligonal ata o Sur da mesma, linda cos límites definidos para o LIC da Costa da Morte.

Nesta área desemboca ademáis o río Anllóns, tamén clasificado como LIC.

A calidade ambiental, así por encima, é máis que notable.

Un modelo eólico caduco, obsoleto que non contempla as directrices da paisaxe nin a lei de Patrimonio Cultural, quere instalar un parque eólico nun territorio protexido ambientalmente.

Parque Eolico das Salgueiras Mapa

  • Carlos Penedo Casmartiño, membro da Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras.
 

Novas sobre os eólicos

Comentarios