Venres. 29.03.2024
El tiempo

EMPRENDER NA COSTA DA MORTE

Toño González: "Quedarei na Costa da Morte, e estarei orgulloso de ser culpable de que se sinta máis viva que nunca"

cc494cfd-8df7-44f5-a63e-149eaf9b597a - copiab
Toño González, de Morada da Moa.
Toño González: "Quedarei na Costa da Morte, e estarei orgulloso de ser culpable de que se sinta máis viva que nunca"

Toño González Rodríguez (1968, O Ézaro) é outro dos 92 emprendedores que recibiron formación e asesoramento durante as catro convocatorias que leva xa o Coworking Costa da Morte. Toño optou, así, por emprender no sector da hostalaría e a día de hoxe é o xerente do hotel restaurante Morada da Moa, no Pindo (Carnota), un lugar acolledor e moi agradable no que poder gozar dun descanso ou xantar en plena Costa da Morte.

Falamos con el do seu proxecto e da súa experiencia no Coworking.

  • QPC: Que é a Morada da Moa?

Morada Da Moa, e un aloxamento que pretende que te sintas a gusto en el, máis que pola súa infraestructura, polo seu calor humano, orienta, propón, participa e asesora en todo o relacionado a vivir unha experiencia agradable e emotiva na nosa zona, dende coñecer o Monte Pindo, ata disfrutar dos puntos cercanos de interese como a cascada do Ézaro, Camiño dos faros, Castro de Baroña, etc. Ofrece o mesmo tempo, un Restaurante de dous garfos, no que podes  degustar a nosa cociña atlántica Km0, fusionada coas mellores receitas da cociña peruana.

  • QPC: Que zona abarca?

Estamos situados na metade da costa galega, nas rías medias, polo que o noso ámbito de influencia, vai de norte a sur da nosa comunidade, recibindo quizais mais visitantes da zona sur.

comedor

unnamed

  • QPC: Que profesión tiñas antes? Como xorde a idea?

Participaba na dirección de unha empresa familiar vinculada a hostalería con produtos do mar. A idea xorde, cando aparece a oportunidade de adquirir un inmoble carismático da nosa zona, sempre vinculado o mundo da hospedaxe e da restauración, e querendo por en valor esta nosa zona,  que coidamos que e unha pequena xoia que debemos de saber administrar para non caer en erros de sobre-explotación, coidando por encima de todo o entorno e vinculalo o turismo sostible e de calidade.

  • QPC: Que significou o proceso formativo no Coworking de Cabana?

Figuradamente, diríache que poñerlle uns raies a cabeza tractora da máquina do empredemento, un sae a percorrer o camiño, cheo de ideas, ilusión e ganas, pero hai que saber encauzalas e xestionalas obxectivamente.

  • QPC: Que aprendestes concretamente? No teu caso, cal foi a maior axuda?

Digamos que o fusionar a parte virtual do traballo ca parte física.  Non ten nada que ver a xestión hoteleira de fai 5 anos para aquí ca que se ten que levar na actualidade, a realidade obriga a involucrarse de cheo nas novas tecnoloxías non caendo no erro de deixar de lado o calor humano.

  • QPC: Os coworkings son espazos onde se fomenta a interactuación, colaboración e asesoramento entre diferentes perfís profesionais. No teu caso, creaches algún tipo de amizade ou colaboración profesional?

Si, temos relación profesional tres ou castro proxectos da nosa promoción, desafortunadamente, non todos son compatibles, nin todos chegaron o fin desexado.

  • QPC: Como foi a acollida do proxecto na zona?

Mellor do esperado, acabamos de cumprir un ano dende a posta en marcha da Morada Da Moa, e non podemos estar máis que satisfeitos do traballo que todo o equipo fai día a dia. Nos motores de contratación,  estamos moi ben situados, con un 9.3 actualmente en booking, un 4.6 en Google Businees en un 5.0 en TripAdvisor, e mesmo nos outorgaron o Prato de Ouro da Gastronomía nacional de Radio turismo o pasado mes de xuño. Pedir máis sería pecar de avariciosos.

  • QPC: Que plans de futuro te plantexas. Quedar na Costa da Morte ou emigrar?

Non teño ningunha dúbida de que quedarei na Costa da Morte, e de que estarei orgulloso de ser culpable de que se sinta máis viva que nunca.

Comentarios