Imprimir

A Torre da Penela, incluída na Lista Vermella do Patrimonio

que pasa na costa | 10 de outubro de 2019

Estado da Torre da Penela
Estado da Torre da Penela

É un Ben de Interese Cultural pero a súa situación de abandono é absolutamente preocupante. Así o recoñece a Asociación Hispania Nostra, que a acaba de incluír na súa Lista Vermella do Patrimonio. Falamos da Torre da Penela, situada en Cabana de Bergantiños, e denunciada pola Asociación Petón do Lobo.

A día de hoxe o interior está en ruínas, como a escada de caracol, e mesmo os escudos están extremadamente esfolados por mor do abandono. No exteiror, só queda erguida unha das catro torres que tiña esta fortificación medieval, que protexía o condado de Penela

É un veciño o que ten as chaves da torre despois de que o propietario cedese o terreo para que se usase como alpendre ou mesmo palomar, se ben o Concello negocia co propietario os términos dunha eventual cesión para poñela en valor e abrila ao público.

Torre-da-Penela_01

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cabana/torre-da-penela-incluida-lista-vermella-do-patrimonio/20191010110003113856.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA