Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo non pecharán as súas portas ata o 15 de setembro cunha ampla programación

Imaxe dunha visita guiada ás Torres do Allo
As Torres do Allo non pecharán as súas portas ata o 15 de setembro cunha ampla programación
As Torres do Allo non pecharán as súas portas ata o 15 de setembro cunha ampla programación

Co comezo da tempada alta estival o pazo máis antigo de Galicia abre a súas portas a diario ata o 15 de setembro. O monumento do Concello de Zas permanecerá aberto de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas.

Ademais, continúan as visitas guiadas de balde ás 13:00 e ás 17:00 coa posibilidade engadida de desfrutar delas tódolos días do verán. A duración aproximada destas visitas é de 50 minutos e o seu obxectivo é dar a coñecer a historia do pazo dende o século XV ata a actualidade pero tamén descubrir aos visitantes unha contorna repleta de elementos destacables: a carballeira centenaria de Vítor López-Seoane, a capela de San Pedro do Allo, a fonte milagreira de San Ramón, as Casas do Curro, o pombal e os hórreos do pazo, ect.

Por se fora pouco, as Torres do Allo ofrecen actividades para toda a familia coma o Xogo de Pistas, un percorrido polo pazo que precisa da colaboración dos máis pequenos e pequenas da casa, e voltarán ao longo do período estival as clásicas visitas teatralizadas dos Quinquilláns. Por último, avanzar tamén que no mes de xullo retomaranse as “Escape Room” do Pazo do Allo, un xogo de escapismo para realizar en grupos e baixo reserva, que tivo unha enorme aceptación no 2018 e voltará cunha temática renovada para a tempada de 2019.

Novas relacionadas

Comentarios