Venres. 29.03.2024
El tiempo

As traballador@s do Híper Gadis de Carballo esixen información e prevención fronte ao covid19

Manifestacion diante do HIper Gadis de Carballo
Concentración diante do HIper Gadis de Carballo
As traballador@s do Híper Gadis de Carballo esixen información e prevención fronte ao covid19

Este venres, dúas ducias de traballadoras do Híper Gadis de Carballo, saíron á rúa nunha concentración desenvolta na porta do centro comercial. A CIG (que ten dous representantes no Comité, por outros 2 de UGT e 1 de USO) explica que a concentración serve para “esixir información, prevención, protección e control estrito das medidas fronte á covid-19”, despois de non recibir información algunha, máis de que forma oficiosa, de varios casos positivos entre os traballadores.

“Gadis non nos protexe do coronavirus”, rezan os panfletos repartidos durante a concentración, denunciando a “sobrecarga de traballo” que padencen dende comezos da pandemia, e sinalando asuntos tan concretos como que “os aforos son esaxerados e deixan desprotexidos aos traballadores”.

“Menos cartos para o caixón e máis para prevención” ou “Tojeiro, cumple o teu”, en alusión ao presidente de Gadisa, foron algunhas da pancartas levadas polos manifestantes. A CIG denuncia ademais que “Gadis foi unha das poicas empresas que tivo requerimentos severos da Inspección de Traballo e intervencións por parte da Consellería de Sanidade e a Subdelegación do Goberno”.

Novas relacionadas

Comentarios