Venres. 19.04.2024
El tiempo

Traballadores de Ferroatlántica visitan o #TramaBUS de Podemos

Traballadores de Ferroatlántica visitan o #TramaBUS de Podemos
Este pasado sábado membros do comité de empresa acompañaron aos deputados Pancho Casal e Luca Chao nunha breve rota que os levou ata as portas da factoría de Ferroatlantica en Cee durante a visita do #TramaBUS que Podemos leva por todo o país, coa intención de visibilizar a corrupción. Alí lembraron que Villar Mir, imputado por financiar ilegalmente ao PP no marco da Operación Lezo, fíxose coas centrais que agora pretende vender ilegalmente nos anos 90 en base a un acordo que o obriga a manter os empregos nas fábricas de Cee e Dumbría. Trala visita o Tramabus puña rumbo a Compostela onde continuou coa rota de denúncia das accions da trama en Galicia visitando a Cidade da Cultura.   Fonte Redacción QPC

Comentarios