Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Os traballadores de XEAL volveron saír en rúa en contra do ERTE e do desmantelamento das fábricas

concentracion_ERTE_XEAL_Cee
Nova concentración ás portas da fábrica de Brens
Os traballadores de XEAL volveron saír en rúa en contra do ERTE e do desmantelamento das fábricas

Volveron ás mobilizacións os traballadores de Xeal este luns, en rexeitamento á decisión de XEAL de aplicar o ERE temporal que foi asinado hai máis de ano e medio cando as plantas aínda pertencían a Ferroatlántica.

Este luns os traballadores concentrábanse ás portas da fábrical de Brens, sendo a primeira das tres concentracións pensadas para esta semana: o mércores día 23, volverán protestar ás 19h, diante da casa do concello de Cee, e o xoves 24, ás 19h, nas centrais hidroeléctricas.

O Comité afonda na idea de que a empresa se está a aproveitar da pandemia para afondar no desmantelamento das fábricas e insta a Xunta, ademais de acodir a unha reunión, a actuar de inmediato esixíndolle a XEAL que presente o plan de viabilidade ao que obrigan as claúsulas das concesións, así como un calendario para o rearranque dos fornos.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios