Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Trail da Filloa, xa toda unha festa de todo o pobo de Zas

O Trail da Filloa, xa toda unha festa de todo o pobo de Zas

Esta pasada fin de semana celebrouse unha das festas deportivas e sociais que máis está medrando en Zas. O Trail da Filloa, que deixaba sen filloas ata a Feira Xantar, estase convertindo da man do Concello e da Asociación Deportiva Monte Brondo nunha auténtica celebración veciñal. Así o demostraron as cifras máis salientables: máis de 700 participantes, ademais dos 50 voluntarios da organización e 3.000 filloas repartidas.

Filloas no Trail da Filloa de Zas

Natureza e gastronomía foron as protagonistas desta cita singular, que ao final puido gozar dun tempo bastante bo. As pistas estaban húmidas, pero non fixo máis que poñerlle un pouco de lama ao asunto.

Na proba longa os campións foron Marcos Trelles e Patricia Aguado. César Rodriguez e Geli López en Veteranos. Na proba corta, Jesús Rodríguez e Monste Solís foron os primeiros, mebtres que Juan José Álvarez Cures e Laura Núñez os mellores veteranos. Unha das caras coñecidas por o responsable de cultura do Concello, Lito Velo, que ademais de coordinar o evento, subiu ao podio como mellor local.

Lito Velo e Monste Paris na entrega de premios do Trail da Filloa

Andaina do Trail da FilloaA Andaian foi a outra cita, a que máis parroquia fai. Máis de 200 veciños disfrutaron das mellores vistas da zona.

A cita ademais colleu nesta terceira edición un pulso máis ambiental, e os vasos foron reutilizables para deixar unha menor pegada nos montes.

Gran Trail Costa da Morte

E xa toca seguirmos preparando as vindeiras probas, pois xa está aberto o período de inscripción para o Grand Trail Costa da Morte 2019. Esa proba puntuable para o Ultratrail Mont Blanc, que percorrerá 14 concellos da Costa da Morte entre o 14 e o 20 de setembro.

Serán 100 kms en 3 etapas (de Caión a Laxe) e 265 kms en 7 etapas (de Caión a O Pindo), na que podrán participar un máximo de 150 participantes entre as 2 modalidades.

Xa podedes apuntarvos en www.gtcm.run

Comentarios