Imprimir

“A Tremosa: Cando rompe, treme o barco, treme a costa”

Ubaldo QPC | 15 de novembro de 2020

Fotograma da gravación de @reme_berthet na Tremosa cazando á Expedición de Eric Rebiere e After Surf na zona da Barda
Fotograma da gravación de @reme_berthet na Tremosa cazando á Expedición de Eric Rebiere e After Surf na zona da Barda

Esa foi a frase que un hostaleiro lle dixo ao fotógrafo Remi Berthet cando chegaba a Corme estes días dende Nazaret para surfeala. Porque a Tremosa “é un estadio de 1ª División a nivel mundial”, como conta Suso Lista, e cómpre poñela en valor, como están facendo surfistas de entidade internacional como Axi Muniain, que visitaba a zona hai apenas unhas semanas.

Desta volta, Reme estivo retratando a visita de Eric Rebiere e Rodrigo Koxa que viñeron surfear a onda da zona da Barda. A pesar de non ser un día de mar brava brava, xa tiveron a ocasión de coller uns tubos ben xeitosos.

Para este grupo de surfistas profesionais "se os vosos gobernantes quixeran esto xa estaría a nivel europeo".

Aquí vos quedan outras estampas de Reme Berteth:

IMG_20201115_151359_655

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Rodrigo Koxa (@rodrigokoxa)

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/ponteceso/tremosa-cando-rompe-treme-barco-treme-costa/20201115111503123280.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia