Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Tres traballadores de Ferroatlántica resultan feridos depois de incenciarse un forno na fábrica de Brens

Tres traballadores de Ferroatlántica resultan feridos depois de incenciarse un forno na fábrica de Brens
Fabrica-de-Ferroatlantica-en-Cee O accidente tivo lugar esta mañá no forno 2 da fábrica de Brens Tres traballadores da fábrica de Ferroatlántica de Brens resultaron feridos esta mañá despois de que se producise unha deflagración nun dos fornos. O suceso tivo lugar ao redor das 11:30 horas no forno número 2. Segundo confirmaron membros do Comité de Empresa, os feridos tiveron que ser trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña - CHUAC- debido á gravidade das queimaduras. Un deles xa foi dado de alta mentras os outros dous siguen hospitalizados en observación. A empresa indica nun comunicado que a onda de calor derivada da deflagración ocasionoulles "queimaduras na cara e nas mans con pronóstico leve". O comité de Seguridade e Saúde da empresa xa anunciou que o accidente se vai a investigar "xa que demostra que é unha consecuencia do problema que hai coa interrumpibilidade e que a empresa non inviste no mantemento das instalacións". Dende o comité denuncian que en calquera empresa o primordial é a seguridade mentras que Ferroatlántica dálle prioridade á rendabilidade. Tamén a empresa indica que iniciou unha investigación para esclarecer as causas do acontecido. "Levamos sete meses coa corda ao pescozo, recibindo ameazas da empresa de que van a deslocalizar se non se venden as centrais o que implica que a xente traballe con moita presión" sinalan dende o Comité de Empresa. Apoio do BNG Pola súa banda, o BNG trasladou aos representantes dos e das traballadoras da planta de Ferroatlántica en Cee o seu apoio aos tres operarios feridos no accidente laboral aos que desexa unha total e pronta recuperación. Ao mesmo tempo súmase ás denuncias de inseguridade laboral reiteradas polo cadro de persoal ante unhas instalacións moi deterioradas pola falta dos necesarios investimentos ao longo das últimas décadas para un correcto mantemento e modernización da fábrica. Neste sentido, o deputado pola Coruña Xosé Luís Rivas considera que “esta falta de investimentos na fábrica de Cee non é allea á inseguridade nas instalacións da planta, que tantas veces teñen denunciado os traballadores e os seus representantes pese a reiteración de accidentes laborais nas instalacións que Ferroatlántica ten na Costa da Morte”, alegou. O BNG lembra que Villar Mir leva décadas “obtendo cuantioso beneficios das súas factorías en CEE en Dumbría, ao tempo que incumpría compromisos de investimento e de creación de emprego” na comarca. Pola contra, os beneficios obtidos polas plantas na Costa da Morte, grazas tamén ás concesións das centrais eléctricas do Xallas, foron destinados a investir sobre todo fora de Galiza.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios