Venres. 29.03.2024
El tiempo

O TSXG confirma a condena de 11 anos de cárcere a un pai por abusar da súa filla de 7 anos en Carballo

O TSXG confirma a condena de 11 anos de cárcere a un pai por abusar da súa filla de 7 anos en Carballo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de confirmar a condena de 11 anos de cárcere que a Audiencia Provincial da Coruña lle impuxo a un pai por abusar sexualmente da súa filla, que no momento dos feitos tiña 7.

Os feitos sucederon durante o 2014, cando Manuel, residente de Carballo, abusou durante un período de tempo indeterminado da menor, provocando unha "pegada psicolóxica que interfire no seu proceso de formación no eido sexual", segundo sinala o TSXG.

Os maxistrados, que rexeitan o recurso de apelación interposto polo acusado, indican na resolución que as declaracións dos responsables de equipos, programas e facultativos “deixan claro que a versión da menor é consecuente, coherente e persistente”. O alto tribunal galego salienta que non existen elementos que cuestionen a versión da nena e descarta a existencia de móbiles espurios.

O home non poderá achegarse a menos de 200 da rapaza durante 16 anos, e ademais quedoulle retirada a patria potestade.

Comentarios