Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Turgalicia escolle o Camiño dos Faros para o anuncio de outono

Turgalicia escolle o Camiño dos Faros para o anuncio de outono

Segue invadindo a televisión o Camiño dos Faros. Esa ruta de sendeirismo que une, polo litoral, os 200 quilémtros que separan Malpica de Fisterra acada, cada ano, máis e máis repercusión.
O venres 25 de setembro, mentres uns trasn@s andaban gravando co Escarabajo Verde da TVE (pendentes estamos da publicación do documental o último venres de outubro ou o primeiro de ), outros 7 trasnos fóronse ao Cabo da Nave para gravar uns segundos do novo spot de Turgalicia para a campaña de Outono.

Apenas uns instantes de cor verde intensa, pero que dan conta do impresionante que é esta experiencia multisensorial.

Imaxe do Camino dos Faros no spot de Turgalicia de outono 2015 Imaxe do Camiño dos Faros no spot de Turgalicia de outono 2015

Novas sobre o Camiño dos Faros

Fonte

Comentarios