Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Unión de Consumidores organiza un taller sobre comercio electrónico en Muxía

Cartel Comercio Muxia
A Unión de Consumidores organiza un taller sobre comercio electrónico en Muxía

A Unión de Consumidores de Galicia en colaboración co Centro de Información á muller do Concello de Muxía, impartirá ás 10.30 horas do próximo mércores 6 de novembro un taller sobre comercio electrónico que se impartiráno Aula de Informática do Edificio de Servizos Múltiples de Muxía.

A actividade que será impartida por persoal técnico da Unión de Consumidores de Galicia, está dirixida a veciñas e veciños do concello que desexen introducirse no mundo das compras por Internet con seguridade e o acceso é completamente libre.

Os talleres formativos sobre comercio electrónico teñen por obxectivo contribuír á redución da fenda dixital entre os consumidores e consumidoras con menor experiencia no proceso de contratación por Internet así como a dar consellos que permitan que os procesos de compra sexan seguros.

Comentarios