Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os últimos 300 metros do acceso ao Faro Vilán serán a pé

Zona onde se habilitara un espazo para deixar os coches no Faro Vilan
Zona onde se habilitará un espazo para deixar os coches a 300 metros do Faro Vilán
Os últimos 300 metros do acceso ao Faro Vilán serán a pé

Interesante medida a que vén de tomar o Concello de Camariñas e a Autoridade Portuaria para preservar o patrimonio. Como xa anunciaban hai un par de semanas, vaise crear un aparcadoiro e unha zona de xiro a uns 300 metros do Faro Vilán, polo que ese último tramo terá que facerse a pé.

Só poderán pasar dese límite os taxistas e os automóbiles da Asociación de Empresarios, que poderán chegar ata a porta pero non acceder á explanada. Para os autobuses, acordouse con Stolt Sea Farm poder usar o seu aparcadoiro exterior para que estacionen alí.

Novas relacionadas

Comentarios