Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un cemiterio especial

Un cemiterio especial
Cemiterio do Allo en Zas-Foto- Irene Garcia Patino

Hoxe facemos unha visita curiosa. Ou alomenos así nos pareceu a nós, que acabamos aquí por casualidade. Paseando arredor das Torres do Allo, e como non puidemos entrar pois o museo etnográfico da Neria está pechado, seguimos andando ata a capela e atopamos un alpendre... Ai non, o cemiterio do Allo!

Aberto no 2006, as caperuzas dos nichos semellan unha edificación tradicional, e demostra que a arquitectura funeraria costeira está a vangarda.

I é que a Costa da Morte é un marco perfecto para o Necroturismo. E non só polo nome. Temos por exemplo un cemiterio de cores, temos tamén un cemiterio dos ingleses case que no mar, e por ter temos ata un cemiterio baleiro na fin do mundo...

Pois iso, que deberíamos profundizar no concepto do necroturismo.

Cemiterio do Allo en Zas-Foto- Irene Garcia Patino

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios