Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un dron sobrevoa o Monte Pindo para evitar incendios

Un dron sobrevoa o Monte Pindo para evitar incendios
Imaxe aerea do incendio do Monte Pindo en 2013-Foto-Jorge Perez Gonzalez Imaxe aérea do incendio do Monte Pindo en 2013-Foto-Jorge Perez Gonzalez

Todos lembramos aquelas duras imaxes aéreas do Monte Pindo asolagado polas lapas en 2013. Precisamente, co obxectivo de poñer a tecnoloxía e a investigación á busca de novas formas de intervir fronte aos efectos dos incendios forestais e, sobre todo, facilitar ferramentas para optimizar a xestión posterior ao incendio, se puxo en marcha en 2014 o proxecto GESFIRE.

Falamos dun proxecto de investigación do programa Retos da Sociedade do Ministerio de Economía e Competitividade titulado “Ferramentas multiescala para a xestión post-incendio de ecosistemas forestais propensos ao lume no contexto de cambio global”, o financiado polo Goberno de España e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O Gesfire entra na súa recta final, e dende hoxe luns, e durante 15 días, un dron voará sobre todo o Monte Pindo para gravar imaxes e recoller a información precisa.

Ó longo destes anos os investigadores estudaron no Monte Pindo a rexeneración natural das comunidades vexetais en diferentes escalas espaciais para coñecer o seu desenvolvemento temporal e o da súa biodiversidade, así como o recrutamento das poboacións de P. pinaster e doutras especies arbóreas. Nas zonas seleccionadas para o desenvolvemento do proxecto estudáronse os efectos da intensidade do lume para determinar indicadores de severidade eficaces, tanto do solo como de vexetación. A partir de imaxes de satélite, investigadores destes grupos colaboraron na consecución de cartografías de severidade e recurrencia de incendio.

Nesta última etapa tomaranse fotografías aéreas coa axuda de un dron que incorpora sensores multiespectrais e RGB de alta resolución. Os sensores multiespectrais e os sensores RGB operan a distintas lonxitudes de onda e detectan pequenos cambios na radiación que reflexan o solo e as plantas. Estos datos permiten conocer o grado de desenvolvimento da vexetación, detectar situaciones estrés e zonas de actuación prioritarias. Con toda esta información dixital e as imáxenes de satélite de alta e media resolución os investigadores propoñerán modelos de comportamento da rexeneración da vexetación en función da recurrencia e da severidade do lume. Esta actuación, estendida no tempo, permitirá operar a un nivel máis detallado e determinar cales son os mellores indicadores de severidade e rexeneración de entre os modelos detectados previamente.

O Monte Pindo é unha área LIC (Lugares de Importancia Comunitaria) da Rede Natura, cun alto valor ecolóxico e xeolóxico, e con una historia de incendios moi prolongada no tempo que lle engade máis valor ó que xa ten de por si a propia investigación.

Unha das conclusións máis duras é a detección dun elevado número de especies exóticas invasoras, destacando tres especies arbóreas que presentan un elevado potencial invasor. Actualmente xa se ten información biolóxica moi interesante que servirá para controlar estas especies.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios