Venres. 19.04.2024
El tiempo

Investigadores europeos destacan a riqueza dos pecios da Costa da Morte

Investigadores europeos destacan a riqueza dos pecios da Costa da Morte
Un buzo atopa un timon dun buque de 1596 na Ria de Fisterra

Seguimos sendo potencia mundial en pecios. E así o demostran as últimas visitas de especialistas de todo o mundo para estudiar os nosos tesouros submariños. Pero tamén seguimos sendo potencia en esquecer aproveitar os nosos recursos, e quedamos ficando, e mesmo nos cabreamos, cando museos de todo o país recuperan pezas das nosas augas para amosalas ao mundo. Pero non hai quen entone o mea culpa, non hai quen dea un paso adiante.

As últimas prospeccións leváronse a cabo na ría de Fisterra, coma sempre da man do arqueólogo submariño e gran coñecedor dos nosos fondos, Miguel San Claudio, e dun grupo do proxecto Europeo Forseadiscovery, un grupo de investigación multidisciplinar e innovador que combina historia coa arqueoloxía subacuática, apoiados ademais polo CSIC.

E a súa visita moi máis que produtiva. Chegaban para estudiar os grandes barcos imperialistas españois e portugueses que invadiron o mundo polos séculos XVI e XVII; e como a súa construción influiu nos bosques atlánticos. E que mellor que o estratéxico Finisterre galego, enclavado na ruta de comercio máis importante da historia, a do Atlántico Norte, para estudialo, como asegura o propio San Claudio.

O grupo de Forseadiscovery buceando en Fisterra

O proxecto segue en marcha

A visita foi tan positiva estes días que o proxecto se instalará en verán na zona, para seguir estudiando como era o tráfico marítimo naqueles séculos. Iso si, xa pediron a colaboración dos políticos da zona para ter boa sintonía coa Xunta e poder seguir desenvolvendo o programa.

En todo caso, despois do bo recibimento polas xentes da zona, polo Concello e pola Real Liga Naval Española, polo bo de Alexandre Nerium no Museo da Pesca, parece que volverán para seguir estudiando os nosos fondos. A ver se nos dan convencido da riqueza dos nosos tesouros, e fan que alguén se poña a traballar para crear un espazo onde aproveitalos turísticamente. Unha renovación do Museo Seo de Corcubión? Un museo que en si xa é un tesouro, pero que está pechado dende a súa última adxudicación.

Forseadiscovery visita o Museo da Pesca

Máis novas de naufraxios

Outras novas

Fonte

Comentarios