Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un grupo de rapaces foron rescatados dun acantilado en Louro

Un grupo de rapaces foron rescatados dun acantilado en Louro

Días convulsos nas praias da bisbarra. O sábado tocaba un susto na praia de Traba, e a semana pasada a praia de Muros deixaba unha persoa falecida. Onte houbo susto tamén polo concello muradán.

Os membros do GES de Muros regresaron á terra a un grupo de rapaces que quedaron atrapados nun acantilado entre a Praia de Esteiro e Monte Louro, en Muros. Do grupo de rapaces, unha menor duns 12 anos se sentiu indisposta e tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios de urxencia. Os mozos pediron auxilio ao tripulante dunha embarcación que facilitou as coordenadas ao persoal do 112 Galicia

Un equipo de Salvamento Marítimo e os efectivos do GES de Muros achegaron medios de rescate cos que conseguiron devolver aos mozos a terra e mesmo colaboraron cos profesionais de Urxencias Médicas no traslado da menor, que foi a única que recibiu asistencia médica. O 112 Galicia rexistrou o suceso ás 19:20 horas de onte.

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios