Martes. 23.04.2024
El tiempo

Un mes despois

Bainas-Ponteceso
Imaxe do Baíñas-Ponteceso desta xornada
Un mes despois
Avanzamos rápidamente en esta película futboleira, e xa cun mes de competición os equipos e siareiros van vendo se lles toca sufrir ou disfrutar da tempada.

En Preferente os nosos representantes teñen 3 dinámicas diferentes. O Fisterra segue en racha positiva da tempada pasada e despois de sete xornadas esta colocado en segunda posición a dous puntos do liderato.
O Sofán non acaba de ser regular no seu xogo, pero mantense nunha boa 9ª plaza, con tantas vitorias como derrotas.
O novo proxecto do Xallas non dá funcionado, e sen coñecer de momento o sabor do triunfo faino ser o pechacancelas da liga.

Na 1ª Galega, Soneira e Baio miran para o alto da clasificación onde está todo bastante igualado, os seis primeiros con tres puntos de diferencia.
Dumbria tamen dende a undécima plaza marca esa distancia co último clasificado o Volantes, que igual que o Mazaricos están pagando a novatada e non conseguen afianzar a sua calidade cos resultados.

Na Liga da Costa esperábase igualdade e de momento estase confirmando, tanto na zona alta como a parte baixa para eludir o temido descenso.
Os equipos aspirantes ao título van por bo camiño, tanto Ponteceso, Corme e Esteirana e como sempre sucede aparece un equipo sorpresa, o San Lorenzo actual líder. Baiñas e Cerqueda. que por plantilla parecía que estarían na zona noble. vense nunha dinámica que non conseguen cerrar en vitoria os seus encontros e vense en posicións delicadas, pois o mesmo Cerqueda marca a distancia de só catro puntos co Zas o último, e entre eles quedan o Baiñas, Cabana, Castriz e Buño.

Na 3ª Galega, de momento só levan tres xornadas, e destaca o pleno de vitorias do Camariñas, claro favorito para o ascenso onde non quere volver a fallar como en tempadas pasadas, e cerran a clasificación Castrelo e Seaia que todavía non puntuaron.

OUTROS ARTIGOS DE ÁNGEL GARRIDO

Comentarios