Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un Milladoiro de contos para seguir facendo parroquia

Un Milladoiro de contos para seguir facendo parroquia
LIbro do Milladoiro de Contos-Cerqueda

Mil vidas ten o Milladoiro das Pozacas de Cerqueda. Unha construción que une unha parroquia, que representa eses valores de tradición, artesanía, arte… que fan de Cerqueda un lugar especial.

Así é Cerqueda nos contos que Adriana Andrade vén de recoller na novidade literaria da semana. “Milladoiro de Contos”, editado por Edicións Embora e con ilustracións de Teresa García Fdez., é o novo xeito de facer parroquia. De feito, os dereitos de autor están cedidos ao «Proxecto A Croa do Castro de Cerqueda», para seguir poñendo en valor este xacemento da Idade de Ferro como recurso de desenvolvemento turístico e económico do territorio.

Como conta a propia autora, “son historias dedicadas aos soñadores de novas esperanzas como camiños de futuro que andar cada día”, con “mención especial merecen as familias da parroquia de Cerqueda de quen herdamos ese zume e paixón dunha singular forma de vivir tan nosa”.

Debuxos de Teresa Garcia no Milladoiro de Contos Debuxos de Teresa Garcia no Milladoiro de Contos

Presentación

Xa hai data para a súa presentación oficial. O domingo 20 de maio, ás 17:00h, o local sociocultural das Pozacas acollerá a presentación coa autora e a ilustradora, acompañadas da madriña do acto, Rosario Castro, o alcalde Eduardo Parga, e o divulgador cultural cerquedán Xosé Manuel Varela.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios