Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina

Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina
Un niño de avespa velutina en Buxantes, Dumbría Un niño de avespa velutina en Buxantes, Dumbría-Foto-Modesto García Quintáns A avespa asiática, tamén coñecida como “velutina”, da que tanto se fala agora, tamén chegou á parroquia de Buxantes. Fixo un enorme niño no alto dun carballo a uns 360 m. da igrexa parroquial, na paraxe coñecida como Vao de Areas. Pódese identificar cun GPS, nas coordenadas UTM-29ETRS89, X= 490756; Y = 4757716. Moitos chámanlle avispa asasina porque mata ás abellas sen compasión esperándoas na porta da colmea para alimentar a súa numerosa prole. Se logran eliminar ás abellas-soldado non lles importa entrar na colmea e celebrar un gran festín co mel almacenado. Según me contaron, este bicho procede de China e chegou sobre o ano 2004 a Francia metido dentro dunhas pezas de cerámica. Pero os meus paisanos non cren nesta historia e dín que as sementaron, non saben quen, como pasou co escarabello da pataca. Tres clases de avispas Crabro-germanica-velutina Tres clases de avespas: Crabro, germanica e velutina Avespa comun e avespa asiatica Avespa común e avespa asiática ou velutina Arquitectura interna do nino de avespa asiatica En España dín que entrou por Navarra sobre o ano 2010 e chegou a Galicia pola Mariña e o norte de Ortegal sobre o ano 2012. Na parroquia de Buxantes cremos que chegou no 2016. Para declararlle a guerra a este bicho temos que coñocer as súas costumes. A raíña, que non dura máis dun ano, é a xefa de todo o clan familiar. Comeza poñendo moitos ovos, coa idea de formar un exército de obreiras e machos e tamén poden chegar a reproducir centenares raíñas. A partir de aquí nace unha grande familia numerosa e moi organizada cuns deberes marcados sin esquecer a vixilancia do niño e a protección e cuidado da matriarca. Durante o inverno abandonan o niño principal e as xóvenes femias e machos que sobreviven, unha vez apareados, agóchanse nos recunchos, abrigadas e adormiladas ata que cheguen os primeiros calores da primavera. A distancia destes agochadeiros non superan o quilómetro de radio do niño abandonado. Cando chega o mes de febreiro as raíñas superviventes comenza a súa actividade facendo un pequeno niño en calquer burato ou tellado para poñer os primeiros ovos. Cando chega a calor, sobre o mes de maio, nacen as primeiras raíñas e moitas obreiras con moita ilusión e ganas de traballar e deciden facer un niño moi grande case sempre nunha árbore alto e pegado nunha ou varias polas central que o sostén. O material frabrícano masticando a corteza das prantas e facendo unha pasta de celulosa que a van pegando ata darlle a forma circular ou ovalada polo exterior. No interior teñen varios pisos que se comunican con varios furados ao exterior. Neste confortable fogar, as raíñas poñen moitos ovos de onde saen miles de larvas que son alimentadas frenéticamente polas obreiras, xeralmente coas abellas das colmeas cercanas. Unha obreira pode matar ao día entre 25 ou 50 abellas. Tanto as obreiras coma os machos, ao entrar o outono, abandonan o niño, moitas morren outras agóchanse en recunchos e na primavera comeza un novo ciclo.
  • Modesto García Quintáns.
 

O Patrimonio Modesto

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios