Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un muro en vídeo de #17Vitaminas para o galego

Un muro en vídeo de #17Vitaminas para o galego

Seguimos espallando a interesante proposta dos xa 31 medios de comunicación que aposta polo galego para expresarse e que forman parte da campaña Vitaminas para o galego. A que nos traen hoxe, especial para o Día das Letras Galegas, é un "vídeowall" (de aí o titular), con achegas de todas partes do país e do mundo.

I é que campaña #17vitaminas pretende recoller, alomenos, a lectura do manifesto vitamínico dende 17 concellos, 17 colexios e 17 países. Países se cadra non chegamos a tantos, pero centros educativos e concellos de seguro que os superamos.

Xa podedes pasar a ver o resultado e disfrutar cos vídeos, na honra, este ano, de Valentín Paz Andrade:

Lapis máxico

Como vimos contando, foron varios os Concellos da Costa da Morte que colaboraron coa iniciativa, como son os de Vimianzo, Carballo, Corcubión, Muxía, Zas e Carnota.
E se xa podemos ver o vídeo das #17 vitaminas do IES Lamas de Castelo de Carnota, imos ata Vimianzo para ver aos alumnos do IES Terra de Soneira, emais á directora Teresa Araújo, que acompañou ao alcalde na entrega do lapis máxico para escribir en galego da campaña.
Os demais lapis repartíronse entre os alumnos dos CEIP San Vicenzo de Vimianzo e no CEIP de Baíñas, e aínda pedían máis dende a escola de Carnés...

Máis información


Novas relacionadas

Programas das Letras Galegas

Máis novas

Fonte

Comentarios