Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Un Museo para as libretas de Man

Un Museo para as libretas de Man
Algunhas das case 300 libretas do Aleman de Camelle O edifcio da Casa do Aleman acolle o Museo de Man de Camelle

Pasaron 13 anos do pasamento de Alfred Gnädinger. Pasaron moito tempo dende que o artista anacoreta falecera esfolado pola tristura do chapapote. Un alemán que se afincou en pleno porto de Camelle e que vivíu a súa vida como pura arte, deixando un legado incuantificable.

Pasaron moitos anos, moitos temporais, moitas ondas por riba da súa casa. Deixáronse morrer centos e centos de documentos, pero aínda outros tantos conseguiron conservarse, para abrir, da man dun proxecto en colaboración co GAC, por fin, o Museo de Man de Camelle.

Acolle o museo Casa do Alemán, ese gris edificio que tan pouco lle gustaría. Pero a realidade é que era necesario ese espazo que recupere o legado artísico do Alemán de Camelle. Sempre estará a súa pegada, o seu espírito libre e artista, o seu afán pola reciclaxe e polo coidado do patrimonio natural e cultural. Iso quedaranos sempre na Costa da Morte coma un tesouro, necesaria e obrigatoriamente aproveitable de xeito turístico.

Gran expectacion na inauguracion do Museo do Aleman de Camelle

Nese sentido, fixeron coincidir a inauguración do Museo co Día Internacional do Medio Ambiente, unha clara declaración de intencións. E foi un éxito rotundo, con máis de 400 persoas que quixeron ser as primeiras en ver todas estas obras ben organizadas (e as que quedan por expoñer…) Unha exposición que estará permanente, polo de agora aberta e gratuita, que acolle centos de obras, pequenas, medianas e grandes, do peculiar artista.

Quedámonos de entre todas con esas case 3000 libretas que creaban Man e os seus visitantes. Cada unha, cunha portada personalizada, e que era completada por cada persoa que se achegaba, que creaba a súa propia imaxe de Man. Máis de 300 xoias únicas.

Por aí tamén estivo a TVG:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios