Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un Nadal moi COMERciante en Laxe

Un Nadal moi COMERciante en Laxe
Comerciantes e hosteleiros son os protagonistas, ademais dos cativos, por suposto, do programa de Nadal de Laxe. A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, promove, xunto coa Asociación de Comerciantes e Hostalería de Laxe “COMERLAXE”, unha campaña na que dende o 20 de decembro ata o 6 de xaneiro, por cada compra en locais colaboradores, entregarase unha rifa para participar no sorteo de vales de compra por valor de 50 € cada un.. O interese do empresariado laxense con esta campaña queda de manifesto, tendo en conta a alta cifra de comercios participantes: Floristería Rebeca, Bazar Laxe Hong Fa, Estación de Servizo Santa Rosa, Ferretería Sergio, Supermercado MM Covirán, Ortopedia Alquimia, Eroski City, Libraría Torre Penedo, Parafarmacia Alquimia, A Despensa, A Nova Despensa, Perruquería A de Lore, Perruquería Azabache, Perruquería María Silva, Perruquería Marey, Perruquería Destellos, A Tenda de Inma, Chuchelandia, A Tenda do Centro, Estanco Casa López, AXA Seguros, O Ben Me Sabe, e Calzados Martínez. Ademáis, as persoas que se fotografíen en calquera dos comercios da campaña, e envíen a súa imaxe ó Facebook COMERLAXE, participarán no sorteo doutro vale de 50 euros.

O Nacemento

D'Troula xa ten aberto, ata o 21 de decembro, o seu fermoso nacemento na Biblioteca Municipal. Visitable no seu horario de apertura de 16:00h a 20:00h. Ao día seguinte do peche, o sábado 22 ás 19:00h, haberá un singular belén en vivo na Igrexa de Santa María da Atalaia, da man do alumnado da Escola Municipal de Maxia.

Un sábado 15 de mulleres e de corais

Dúas citas haberá este sábado 15 de decembro, co Festival de Panxoliñas (ás 19:00h na Igrexa Santa María de Atalaia) e a participación da Coral Costumes de Bergondo, a de Bergantiños e a Atalaia de Laxe. Ademais, ás 1700h na Sala Valle Inclán, realizarase o obradoiro “Mulleres que contan” organizado e facilitado polo Servizo de Normalización Lingüística da Xunta de Galiza. Está destinado a estudiantes de 12 anos en diante. Chío Couto, Akira Valero e Tati García, de Anacos Proxectos Socioeducativos, son as encargadas de levar adiante esta iniciativa que, tal e como apunta Couto, pretende “visibilizar a historia de mulleres que non foron recoñecidas na súa época e poñelas en valor a través do xogo”.

Actividades para nenos

A visita “oficial” de Papa Noel será o martes 18, no Cole Cabo da Area, onde ademais se proxectará unha peli. O sábado 29 estará o ilusionista martín Camiña, ás 20:00h no Salón de Actos. E como non, a Cabalgata sairá ás 15:30h do día 5 de xaneiro, e percorrerá todas as parroquias, antes de dar comezo á festa no polideportivo, a partir das 17:30.

Sicixia

O filme Sicixia proxectarase o venres 21 de decembro no Salón de Actos Municipal a partir das 20:00.

Comentarios