Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un Nadal para os máis pequenos en Carnota

Un Nadal para os máis pequenos en Carnota
Nadal Carnota 2018

Carnota afronta o Nadal enfocando todas as súas actividades para os máis pequenos. Esta é a lista de actividades:

  • Luns 17 de decembro: Entrega de premios do I Concurso de videofelicitacións de Nadal, ás 11:30 h, no Salón de Actos do Concello..
  • Mércores 19 de decembro: Concerto da Escola Municipal de Música no local de Vintepicopés, na Casa da Xesteira, en Carnota, ás 19:00 h.
  • Venres 21 de decembro: Coma todos os venres, Venres Lúdicos, de 16:30 a 18:30 h, na Biblioteca Municipal (lembramos que é unha actividade pechada para os/as nenos/as xa inscritos/as)
  • Venres 21 de decembro: Contacontos con música en directo: “Unha viaxe de Nadal”, de Febralart, de 17:30 h a 18:30 h, no salón de actos. Dirixida a público familiar, especialmente á rapazada de entre 5 e 10 anos. Actuación dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
  • Mércores 26 de decembro: Obradoiro arqueolóxico, ás 11:00 h no salón de actos do Concello, para alumnado de primaria. É precisa a inscrición previa no Concello (Departamento de Turismo).
    Clinic do Celta, para rapazada de 4 a 14 anos, en Lombáns, en horario de 10:00 h a 14:00 h. (Fai falla inscrición previa no Concello).
  • Xoves 27 de decembro: Visita guiada ao petróglifo de Prousos Magos. Para rapazada de 6 a 12 anos. Sairase ás 11:00 h dende o Concello.
    Clinic do Celta, para rapazada de 4 a 14 anos, en Lombáns, en horario de 10:00 h a 14:00 h. (Fai falla inscrición previa no Concello)
  • Venres 28 de decembro: Teatro cos Quinquilláns: “Language Planning”. Para todos os públicos, de 13 a 100 anos. No salón de actos do Concello ás 20:00 h. Actuación dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña..
  • Martes 02 de xaneiro: “Imos cantarlle ao Nadal” con Xandobela. Obradoiro de cantigas de Nadal e posta en escena, ás 11:00 h no salón de actos, para rapazada de entre os 3 e os 10 anos. Actuación dentro da Rede Cultural.
  • Mércores 03 de xaneiro: Excursión a Santiago de Compostela para patinar sobre xeo e visitar o Museo de Historia Natural.
  • Xoves 04 de xaneiro: Xogos de mesa, de 11:30 h ata as 13:00 h, no Concello. Para rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos. Fai falla inscrición previa no Departamento de Cultura e Deportes.
    Festive English Time, de 11:30 h a 13:00 h, no salón de actos do Concello. Actividade de inmersión lingüística en inglés para rapazada de 12 a 16 anos. Cada participante desenvolverá as súas habilidades lingüísticas e creativas para unir a cultura propia con outras culturas, co Nadal como fío condutor.
  • Venres 05 de xaneiro: Gran festa con animación e discoteca móbil, a partir das 5 da tarde, no pavillón de Carnota. Ás 19:00 h, chegarán as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, para atender a todos os nenos e nenas de Carnota.

Comentarios