Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un poboado calcolítico afogado polo asfalto

Un poboado calcolítico afogado polo asfalto

A loita entre patrimonio e o "desenvolvemento" ten gañador asegurado. Temos exemplos coma estes en cada estrada, como pode ser o castro tapado de Laxe. Pero se cadra o que está a acontecer en Baio coa Autovía da Costa da Morte é algo importante.

O pasado mes de marzo as máquinas petaban cunhas grandes lousas de pedras. "Ui, esto pode que non sexa unha pedra calquera..." preguntouse o operario tras escachar cunha das lousas. E efectivamente, un equipo de arqueólogos da Dirección Xeral de Patrimonio acodían ao lugar, e catalogaban en apenas unhas horas que as escavacións son do poboado calcolítico do Valonco ou Valouco, preto de Baio.

Polo de pronto, a coñecida empresa de arqueoloxía adxudicataria do contrato non pode revelar ningún dato sobre os resultados acadados ata que teña a autorización da D.X. de Patrimonio, pero as imaxes falan por si soas. Numerosas lousas de pedra, unhas gabias lonxitudinais que deliminatarían o xacemento, tal e como sucede en Dombate, máis de 60 pezas de cerámicas e líticas que permitiron a súa precisa datación cronolóxica... Demostracións de que estamos diante dun claro tesouro.

Pero probablemente, o máis chamativo do xacemento, segundo o arqueólogo Pablo Sanmartín, "son as grandes laxes que foron desprazadas e fracturadas polas máquinas, e moi probable que sexan os ortostatos dun dolmen. Como acontece nos xacementos deste período non se conservan restos das vivendas ó realizarse con materiais perecedoiros, pero sí quedan como testemuña os fondos de cabana, as marcas de postes e os restos de queimados dos lares".
Ademais, Sanmartín destaca a posible aparición de varias fosas circulares que pode que serviran de almacenaxe. E ollo, porque parece ser que de preto do lugar parte un Camiño Real ata Dombate.

Isto é, toda unha acrópole que, probablemente, quedará baixo o asfalto. De seguro que ao aire non quedan, pois o desenvolvemento é implacable con estes tesouros. Outra cousa sería se os restos puideran ser retirados e levados, por exemplo, ao Museo de Dombate, un lugar perfecto, para espallar a arqueoloxía da Costa da Morte dende a Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios