Martes. 23.04.2024
El tiempo

Un pouco de historia: Xallas - Esteirana e Sofán - Soneira

Un pouco de historia: Xallas - Esteirana e Sofán - Soneira
O Xallas campión do 2002 Se algo ten o fútbol costeiro é unha historia rica e plagada de feitos reseñables, anécdotas e lendas para contar. O domingo vanse a escribir dúas novas páxinas desta historia, e o que saia destes enfrontamentos acabará co paso dos anos en contos de glorias e traxedias que rememoraremos ata a saciedade. Por un lado Xallas - Esteirana e por outro Sofán - Soneira son os encontros que abrirán a dous equipos as portas do ceo, dunha final copeira desexada por todos e conquerida por poucos. Pero os enfrontamentos entre estos clubs veñen de lonxe. O Xallas é un dos conxuntos máis antigos da Costa. Fundado no 1965 ten un amplo palmarés: 1 título de 1ª Rexional, 3 títulos de 3ª Rexional e 5 Copas da Costa falan dun gran conxunto. A Esteirana é un club máis novo, fundado no 1971, con 3 Ligas da Costa no palmarés e 1 copa, a do ano 74/75 que todavía se recorda. A Esteirana do 75 Ambos equipos enfrontáronse en 2 eliminatorias de Copa da Costa. Na tempada 74/75, en cuartos de final, a Esteirana venceu ó Xallas en Artón por 3-0 e igualou a 1 tanto no Carreiro. Aquela Esteirana era a de Xosé Luis Vara, un rapaz de 17 anos posteriormente fichado polo Deportivo da Coruña, a Esteirana que conseguíu o único título copeiro que figura nas vitrinas dos azulgranas, ó vencer ó Malpica na final, 0-3 na Pedra Queimada e 5-2 en Esteiro. O equipo que xogou aquela final era o formado por Emeterio, Tono, Vilas, Casal I, Joaquín, Cordero, Blanco, Casal II, Mariño, Paco e Xosé Luis. Na tempada 15/16 volvéronse a atopar, esta vez en dezaseisavos de final, con desenlace claro a prol do Xallas, que vence 6-0 na ida e empata a 1 tanto en Esteiro. Ese ano o Xallas é campión de copa. Ollo a este dato: das dúas veces que se enfrontaron o que pasou ganou o título. Soneira e Sofán xa temblan. O Sofán que xogou o seu primeiro partido ante o Soneira A historia de Soneira e Sofán é máis curta, pero chea de éxitos nos últimos tempos, sendo fai uns anos uns buques insignia do fútbol costeiro polos campos de Galicia. A SD Sofán foi fundada no ano 79, e os seus únicos títulos son dúas ligas de 3ª rexional. Nos últimos anos o equipo está a subir vertixinosamente e en tres anos pasou da Liga da Costa a Preferente. Unha curiosidade moi a conto é que o primeiro partido oficial da SD Sofán foi o 16 de Decembro de 1979, no campo do Carral, que ten agora mesmo un aspecto diferente pero segue no mesmo sitio, un Sofán - Soneira, que venceu o equipo local con gol de Moncho Varela, futuro alcalde de Malpica e xogador e adestrador entre outros de Malpica, Sofán, Corme, Baio, Cabana ou Zas. Un Soneira campión Atopáronse en duas eliminatorias o Sofan e o Soneira e curiosamente teñen un record compartido, pois o cruce do ano 87/88 é o de maior diferencia de goles da historia da competición. Un global de 19-2 a favor do Soneira, que vence 6-2 en Sofán e 13-0 en Vimianzo. A eliminatoria da 03/04, en oitavos de final, é máis igualada. Un gol de Pabeto, irmán do actual porteiro do Baio Dani Varela, da vantaxe ó Sofán 1-0 na ida, pero o Soneira remonta nun gran partido na volta po 4-2. Esa historia xa está escrita. Veremos o domingo as novas páxinas que se escriben na nosa querida Copa da Costa.

Comentarios