Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un veleiro vara en Corcubión

Un veleiro vara en Corcubión
Un barco veleiro apareceu nas rochas de Santa Isabel na mañá de hoxe luns 6 de setembro de 2010. A forte oleaxe da noite desamarrou a embarcación corcubionesa, un dos veleiros máis grandes da vila, e tirou con ela ata as rochas de diante do Hotel El Hórreo de Corcubión. Os traballos de recuperación, axudados polos membros de Cataventos Escola de Vela víronse salpicados pola forte tormenta que caeu durante a mañá. Todos apuntaban da necesidade de construir o porto deportivo canto antes, para que estas cousas non se sigan sucendendo. De feito, unha estampa semellante viramos o pasado 2008 cando medio Corcubión tivo que saír ao rescate dunha motora. Image

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( [email protected]Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fotografía de Javier Mos quera.

Comentarios