Imprimir

Un Xantar con sabor a Costa da Morte

que pasa na costa | 01 de febreiro de 2018

mazaricos-xantar-ourense Unha comitiva do concello de Mazaricos presentou os bolos do pote, a súa carne o seu pan particular A 19ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se celebra en Expourense dende onte a ata o vindeiro domingo sabe a Costa da Morte. Son varios os municipios que acoden a unha das citas do turismo gastronómico de referencia para promocionar os seus productos que, por suposto, son todos de primeirísima calidade. xantar-ourense-mazaricos Fixeron unha demostración en vivo sobre a elaboración dalgúns dos seus productos estrela que ofreceron entre os visitantes Onte foi o turno do concello de Mazaricos que levou até alí os seus mellores productos. Ademais, aproveitou a ocasión para presentar o cartel da XX edición da Festa do Bolo do Pote, que será o 3 e o 4 de marzo. Viaxaron a Ourense membros da asociación de amas de casa e Manuel Carreira, o chef do Asador Manduca, que levaron a cabo un showcooking ante un foro ateigado de xente. Os asistentes degustaron os bolos de pote, a carne de Mazaricos e o particular pan que se produce no municipio, cualificado polo alcalde, Juan José Blanco Riveiro como “o mellor do mundo”. A carne de vaca vella foi todo un éxito coas explicacións de Carreira. Tras a degustación levouse a cabo unha exposición durante toda a tarde no expositor da Deputación da Coruña do pan e os bolos do pote, xunto co cartel da festa e a publicidade dos establecementos hostaleiros do municipio. O rexedor resaltou a “tarefa” das amas de casa na conservación do bolo do pote e o traballo dos hostaleiros que sirven un produto “de calidade”. As filloas de Zas filloas-zas-xantar-ourense Unha comitiva de Zas fará o sábado ás 16 horas unha demostración en vivo da elaboración das filloas O sábado será o turno das filloas de Zas. Unha comitiva integrada por membros do concello de Zas e da asociación de Veciños Barolo - de Loroño - viaxarán ata aí para facer, ás 16 horas, unha demostración en directo da elaboración as filloas explicando cada un dos pasos do proceso e facendo especial fincapé no moado. Os asistentes degustarán as filloas no seu estilo máis tradicional e tamén probarán uns petiscos de vangarda elaborados coas filloas como base. O alcalde de Zas, Manuel Muíño, presentará os distintos recursos turísticos do noso concello e tamén se falará de dúas festas de gran importancia dentro do noso municipio: a festa da Filloa e a festa da Carballeira. “A participación en Xantar axúdanos a poñer en valor as filloas de Zas así como potenciar toda a tradición que se agocha detrás dunha pedra de filloas”, sinala Muíño. xantar-ourense-zas Durante estes días proxectase no expositor da Deputación da Coruña un vídeo turístico de Zas Ao longo destes días, proxectarase no marco do expositor da Deputación da Coruña un vídeo no que se promocionan os enclaves turísticos máis importantes de Zas e tamén se repartirá información sobre a Festa da Filloa que se celebra o vindeiro 24 de febreiro. Neste mesmo enclave, tamén se poderán degustar as filloas. En Xantar tamén estarán os  pinchos irmandiño de Vimianzo (cunha demostración en vivo mañá) e o pan de Carballo. As portas están abertas para todos aqueles e aqulas que queiran coñecer de primeira man productos de calidade chegados desde distintos puntos do mundo. Durante a visita cabe a posibilidade de degustar distintos alimentos e de asistir a varias demostracións en directo.

Novas relacionadas

Fonte
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/mazaricos/un-xantar-con-sabor-a-costa-da-morte/20180201061543086939.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA