Imprimir

Unha alumna de Cee gaña o primeiro premio de fotografía do concurso 'Pola Igualdade 2018'

que pasa na costa | 14 de Marzo de 2019

Isabel Touriñán Canosa
Isabel Touriñán Canosa

Este concurso artístico está organizado pola Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio de Psicoloxía de Galicia co obxectivo de concienciar ao alumnado da ESO das desigualdades existentes entre os distintos xéneros, así como promover a reflexión e a promoción da igualdade en calquera dos ámbitos da vida.

A alumna do IES Agra de Raíces de Cee, Isabel Touriñán Canosa, vén de recibir o 1º premio na modalidade de fotografía do concurso "Pola Igualdade 2018", pola fotografía titulada "Aghua de mel".

A entrega do premio tivo lugar esta semana en Santiago de Compostela. Este concurso artístico, difundido a todos os centros de Educación Secundaria, está organizado pola Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio de Psicoloxía de Galicia. O obxectivo do concurso é concienciar ao alumnado da ESO das desigualdades existentes entre os distintos xéneros e promover a reflexión e a promoción da igualdade en calqueira dos ámbitos da vida.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cee/unha-alumna-de-cee-gana/20190314100351107637.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA