Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha análise racional de conxunto por Ferroatlántica

Unha análise racional de conxunto por Ferroatlántica
Pequeño Castro, á dereita, co alcalde de Carnota, responsable do BNG Mini e o alcalde de Muxía durante a marcha a pé-Foto-Juan Louro Pequeño Castro, á dereita, co alcalde de Carnota, responsable do BNG Mini e o alcalde de Muxía durante a marcha a pé-Foto-Juan Louro Mentres o Comité de Empre volve convocar novas concentracións para hoxe mesmo, parece que o alcalde Dumbriés Pequeño Castro colleulle gusto ás teclas, e tras recordar algo da da historia de crecemento económico… e de desastre ambiental de Ferroatlántica na nosa bisbarra, hoxe quere facer matizacións sobre un artigo de Vázquez Taín, presidente dos Economistas Galegos, no que nos invita a considerar as peticións de Ferroatlántica.

Seguindo o consello de Vázquez Taín “unha análise racional de conxunto”

Na prensa de hoxe publícase un artigo onde o presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas “invita a considerar o plan de Ferroatlántica” argumentando entre outras lindezas que a Xunta está demasiado influenciada por cuestións políticas e que por iso non levou cabo unha «análise racional de conxunto». Con todo “todas as autorizacións administrativas da Xunta de Galicia están suxeitas ao cumprimento por parte de Ferroatlántica da condición da non segregación das actividades de ferroaleaciones e das de produción de enerxía eléctrica”; a venda das hidroeléctricas supoñería romper un compromiso a favor dunha empresa privada; polo que a postura da Xunta ao meu entender non é precisamente un posicionamiento por cuestións políticas, si non máis ben o cumprimento dun contrato. Por outra banda a premisa de Vázquez Taín de que o gran investimento que promete Ferroatlántica a costa das hidroeléctricas “podería contribuír a xerar actividade industrial e emprego” non é unha cuestión baladí e ante a proposta dunha «análise racional de conxunto» habería que aportar certos datos para que así os lectores poidan saber de que estamos falando, por descontado que a administración xa dispón deles e dubido moito que en cuestións económicas non faga unha análise sobre o tema. De feito o propio Núñez Freijoo celebrou en campaña electoral, a gran noticia da ampliación de Ferroatlántica como un logro do seu goberno, “un proxecto innovador 100% desenvolvido en Galicia”, referíndose ao plan industrial da fábrica piloto de Ferroatlántica I+ D situada dentro do complexo de Sabón. O Ministerio de Economía, Industria e Competitividad outorgou recentemente un préstamo a favor de Ferroatlántica por 27 millóns de euros para a construción da fábrica de silicio solar; agora Ferroatlántica di non poder facer fronte ao investimento que supoñería, sen prexuízo das hidroeléctricas; con todo o grupo comprou unha factoría en Puertollano e pretende realizar alí un investimento similar á de Sabón, polo que o plan industrial de Ferroatlántica para Galicia corre o risco de deslocalización e pon en cuestión as intencións do grupo. Outra cuestión interesante é a promesa de creación de emprego, “90 postos de traballo”, pois para analizala estaría ben facer unha simple operación matemática, calcular a diferenza, para crear estes 90 postos habería que destruír os 400 que xa están operativos entre as fábricas que poderían ser obxecto de disgregación, a de Dumbría e a de Cee. A miña análise particular é que aínda que Ferroatlántica está deseosa de levar a cabo o seu ambicioso plan industrial, debería ter en conta que como empresa xa recibiu cuantiosas axudas por parte do goberno (un terzo do total das adxudicadas en Galicia), e si agora non pode facer fronte ao investimento do seu proxecto non debería presionar para romper os acordos que lle facilitaron a concesión da explotación do Xallas e o río Grande, si non máis ben todo o contrario. A miña opinión é que tamén debería tomar nota do consello de Vázquez Taín, e antes de nada realizar un plan de viabilidad dos seus proxectos, como fai calquera empresa para conseguir as axudas, e non a costa de coaccionar con promesas de futuro apoiadas na necesidade de deixar huérfana a toda unha comarca. Xa que logo xulguen vostedes mesmos, ou fagan unha «análise racional de conxunto».
  • José Manuel Pequeño Castro. Alcalde de Dumbría.
 

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios